Despois de ver a peli fixemos unha posta en común sobre que actitudes nos chamaron a atención sobre como trataban os brancos ós negros:
- Os brancos non querían que os negros utilizasen os mesmos baños.
- Cando dispararon a un negro, botaron ós negros do autobús e os brancos quedaron nel, achegando a estes á súa casa. Os brancos e os negros non estaban sentados no mesmo sitio no autobús.
- Había unha muller branca, unha das protagonistas, que quería ser escritora e escribiu un libro sobre os negros para a súa defensa.
- Había o KKK (Kukusklan) que mataba ós negros de forma organizada.
- Pasaban os criados negros en herdanza, coma se fosen obxectos.
- As mulleres brancas non coidaban case nada aos seus fillos/as (e pegábanlles) , só as criadas se ocupaban deles.
- Había un hospital só para negros.
- Tampouco podían compartir igrexa.
Os negros tiñan prohibido:
- Sentarse a comer cos brancos.
- Probarse prendas ou zapatos nuns almacéns.
- Vivir en barrios brancos.
- Beber auga das fontes públicas.
- Nadar en piscinas públicas.
- Entrar nos concellos pola porta principal.
- Ir a un perruqueiro branco.
- Ir a un dentista branco.
- Recibir unha transfusión de sangue dun doante branco.
- Viaxar xunto aos brancos nos autobuses, nos trens e incluso nos ascensores.
- Lavar a roupa nas mesmas máquinas que os brancos.
- Casar cos brancos.
- Ir a escola cos brancos.
- Atuar aos brancos.
- Usar a mesma sala de espera que os brancos na consulta dos médicos.
- Prestar xuramento para testemuñar ante un tribunal, agás que o fixeran sobre unha biblia para negros.
- Ser internados nas mesmas prisións ou reformatorios que os brancos.
- Entrar nos corpos policiais.
- Votar ou ser candidatos a cargos políticos.
- Ser enterrados xunto aos brancos nos cemiterios.
¡Meu Deus!, prohibíase aos negros gran cantidade de cousas.
Este é un trailer da película:
Gustoume moito a película porque aprendín moito e sei que foi inxusto que os brancos trataran así aos negros.
Grazas Ían pola túa entrada. Admites unha suxestión?? Que che parece se engades algunha información sobre o libro en que está baseado a película.
ResponderEliminar"The Help", título en español: Criadas y Señoras,
autora: Kathryn Stockett
"Ti es bo, ti es listo, ti es importante"!!!
Ata mañá ;-)
Ían encantame a tua entrada creo que fiseches un gran esforzo.
ResponderEliminarEsta entrada a verdade a fixen co espíritu que me deu a película. Espero que a próxima película que veamos sea igual que esta: ¡¡¡Divertidaaah!!!
ResponderEliminarMui buen trabjo se nota que te esforzastes
ResponderEliminarfiseches un vo traballo se nota que che deu espirito moi ven encantoume moito esta feito con moito esmero
ResponderEliminar