16 oct. 2012

Película "Criadas e Señoras"

Ola a todos. Fai pouco  en atención educativa, vimos a película "Criadas e Señoras" que se trata do que pasaba no sur dos EEUU no século XX coas criadas negras. O titulo orixinal da película en inglés é "The Help" porque na película as criadas piden axuda.

Despois de ver a peli fixemos unha posta en común sobre que actitudes nos chamaron a atención sobre como trataban os brancos ós negros:
  • Os brancos non querían que os negros utilizasen os mesmos baños.
  • Cando dispararon a un negro, botaron ós negros do autobús e os brancos quedaron nel, achegando a estes á súa casa. Os brancos e os negros non estaban sentados no mesmo sitio no autobús. 
  • Había unha muller branca, unha das protagonistas, que quería ser escritora e escribiu un libro sobre os negros para a súa defensa. 
  • Había o KKK (Kukusklan) que mataba ós negros de forma organizada.
  • Pasaban os criados negros en herdanza, coma se fosen obxectos.
  • As mulleres brancas non coidaban case nada aos seus fillos/as (e pegábanlles) , só as criadas se ocupaban deles.
  • Había un hospital só para negros.
  • Tampouco podían compartir igrexa.
Despois a profe leunos un texto sobre as prohibicións que tiñan os negros nesa época que o lela calquera quedaría coa boca aberta.

Os negros tiñan prohibido:
  • Sentarse a comer cos brancos.
  • Probarse prendas ou zapatos nuns almacéns.
  • Vivir en barrios brancos.
  • Beber auga das fontes públicas.
  • Nadar en piscinas públicas.
  • Entrar nos concellos pola porta principal.
  • Ir a un perruqueiro branco.
  • Ir a un dentista branco.
  • Recibir unha transfusión de sangue dun doante branco.
  • Viaxar xunto aos brancos nos autobuses, nos trens e incluso nos ascensores.
  • Lavar a roupa nas mesmas máquinas que os brancos.
  • Casar cos brancos.
  • Ir a escola cos brancos.
  • Atuar aos brancos.
  • Usar a mesma sala de espera que os brancos na consulta dos médicos.
  • Prestar xuramento para testemuñar ante un tribunal, agás que o fixeran sobre unha biblia para negros.
  • Ser internados nas mesmas prisións ou reformatorios que os brancos.
  • Entrar nos corpos policiais.
  • Votar ou ser candidatos a cargos políticos.
  • Ser enterrados xunto aos brancos nos cemiterios.
¡Meu Deus!, prohibíase aos negros gran cantidade de cousas. 
Este é un trailer da película: 


Gustoume moito a película porque aprendín moito e sei que foi inxusto que os brancos trataran así aos negros.

5 comentarios:

  1. Grazas Ían pola túa entrada. Admites unha suxestión?? Que che parece se engades algunha información sobre o libro en que está baseado a película.

    "The Help", título en español: Criadas y Señoras,
    autora: Kathryn Stockett

    "Ti es bo, ti es listo, ti es importante"!!!
    Ata mañá ;-)

    ResponderEliminar
  2. Ían encantame a tua entrada creo que fiseches un gran esforzo.

    ResponderEliminar
  3. Esta entrada a verdade a fixen co espíritu que me deu a película. Espero que a próxima película que veamos sea igual que esta: ¡¡¡Divertidaaah!!!

    ResponderEliminar
  4. fiseches un vo traballo se nota que che deu espirito moi ven encantoume moito esta feito con moito esmero

    ResponderEliminar