29 abr 2013

La vuelta al mundo de un forro polar rojo.

LA VUELTA AL MUNDO DE UN FORRO POLAR ROJO.
,


Estes días estibemos lendo un libro que explica moi ben o tema da globalización. Principalmente tratase da fabricación de un forro polar, dende as materias primas ata o seu desguace.

 Na parte que estamos lendo agora tratase da estraccion e utilidad del petroleo, neses lugares explotan os traballadores e paganlle entre 150 e 250 €.

 O buque cisterna que leba o petroleo que  pode chegar a lebar 125 toneladas de petroleo. Nunha escena do libro os traballadores estan en folga, lebaron 21 persoas ó calavozo os interrogaron e os deixaron sair.

 Fai pouco caiu un edificio en Bangladesh e morreron centos de personas e estaban obligados a traballar aunque sabian que o edificio caeriase dun momento a outro. No libro explica a dramatica situacion na que traballan miles de persoas.


28 abr 2013

El fantasma de cantervil

                             
 EL FANTASMA DE CANTERVIL

El Jueves día 25 de Abril la madre de Candela ( Carolina) vino a contarnos unos capítulos de un cuento que se titula ``El fantasma de Cantervil´´. Carolina lo leyó muy fluido y leyó mientras acompañaba con la mano.  Os voy a resumir un poco la historia:

Esta historia trata de una familia estadounidense rica que se muda a un castillo. Les advirtieron de que en el castillo vivia un fantasma pero ellos dijeron que no les daba miedo.

 Cuando la familia llegó a la biblioteca vieron una mancha de sangre en el suelo, la mujer horrorizada ordenó que la borraran pero la criada dijo que era imposible, pero el hermano mayor sacó una barrita del bolsillo que borró la mancha en un plisplás.

Al día siguiente cuando la familia se despertó se encontraron con la mancha en la biblioteca, el hermano le volvió a dar con la barrita y la mancha volvió a desaparecer. El padre por la noche  cerró la biblioteca. Pero al día siguiente la mancha volvía a estar. Al tercer día también , al cuarto igual y así sucesivamente. Aun así no les asustaba. El fantasma intentaba por todos los medios asustar a la familia americana pero nada, no lo conseguía de ninguna manera. Al  final acabas cogiendo cariño al fantasma y te da pena que no sea capaz de asustar a la familia.

Lo malo es que Carolina no nos leyó el final del cuento y nos dejó a todos con la intriga.

La madre de Candela leyendo
Los niños/as de clase atendiendo

21 abr 2013

Entre a vida e a morte

Dende fai tempo na clase falamos da narración e de como mellorala, para iso fixemos unha especie de recomendacións que nos facilitan á hora de redactar un escrito, entre as cales falamos de como documentarnos.

 A mestra fai pouco mandounos escribir un texto sobre " Caperucita en Manhattan ". Andrea fixo uso da súa  marabillosa mente (non é a única, claro) para documentarse sobre en que ano estaba en construción un rañaceo, xa que a súa narración contaba con un. Tamén se documentou sobre cousas ás que nos quedariamos mirando todo o día, mais non falo de monumentos, senón que falo de actividades perigosas, persoas sentadas a unha altura de 260 metros e oscilando entre a vida e a morte.




O reporteiro Charles C. Ebbets fixo uso da prensa para denunciar as precarias condicións de seguridade nas que traballaban estes homes nos anos 30. Basta con buscar en internet para toparse cunhas fotos incribles, aquí vos traio unha pequena mostra. 

                                                 

14 abr 2013

A chegada de Diego

O 27 de marzo do 2013 naceu o meu irmán Diego. Agora vouvos contar un pouco cómo pasou todo. Souben que a miña nai (Susi) estaba embarazada o 9 de agosto de 2012, dous días despois de que se enteraran ela e máis Martín. Cando me deron a noticia emocioneime e púxenme moi contenta, porque sempre desexara ter un irmán ou unha irmá. A miña nai sempre me dicía que non ía poder ser por varios motivos, pero ó final sucedeu.


Co paso dos meses, á miña nai comezou a medrarlle a barriga e pronto vimos as imaxes das ecografías, dende a primeira de setembro ata unha en 3D de xaneiro na que xa lle puidemos ver con detalle a cara e a piroliña.





En febreiro chegaron as contracións, que obrigaron á miña nai a parar de traballar. E aínda que en principio non tocaba ata abril, na terceira semana de marzo houbo que ingresar no hospital. Alí, apurando o tempo antes do parto, entre a miña tía Patri e eu pintámoslle unha cara na barriga, como xa se fixera anos antes coas barrigas que nos levaban a min e ó meu primo Mario.


Finalmente programaron unha cesárea para o mércores 27, antes dos festivos da semana santa. Diego naceu sen complicacións ás 10.20 da mañá, e todos fomos a miralo con alegría. Para min foi un acontecemento xenial, que case non podía crer.


Á volta das vacacións, conteilles a boa nova ós meus compañeiros da clase de 5º, e a profe Ana tivo unha grande idea: que cada un lle fixera a Diego un debuxo dándolle a benvida, xunto coas felicitacións para min, para a miña nai e para Martín. Foi un regalo emocionante para todos nós, un detalle xenial polo que vos estamos moi agradecidos.


E aquí estamos, desfrutando de cada día entre choros, sonecas e cambios de pañal.