16 oct 2012

A illa McGregor

Hoxe limos na clase unha narración escrita por Antón que tivo como motivación inicial este poema de Ana María Fernández:


DEIXÁDEME LIBRE


DEIXÁDEME LIBRE,
QUE QUERO IR Ó MAR;
CAMIÑO DE IDA,
NON VOU REGRESAR.
AS ONDAS ME LEVEN
ONDE HAXA UN CANTAR.
DO BARCO DOS SOÑOS,
SEREI CAPITÁN.
ARROACES MOUROS
VIRANME ESCOLTAR.
SEGUIREI DA ESCUMA
O LOUCO BAILAR.
DOS PORTOS QUE TOQUE,
NINGÚN SABERÁ.
DEIXÁDEME LIBRE,
QUE QUERO IR Ó MAR.

Ana María Fernández 



A proposta consistía en crear, a partires deste poema, unha narración na que o alumno/a fose o protagonista da historia, o capitán ou capitana.

Este é o marabilloso texto que escribiu Antón e que reproducimos literalmente:


A illa McGregor

(1ª parte)
Corría o ano 1773, eu o capitán Charles McGregor navegaba coa miña tripulación, un puñado de xóvenes mariñeiros con poucas experiencias mariñas, polo Océano Pacífico. A nosa misión era descubrir novas illas que foran reinadas polo nome de Inglaterra. 

Era o frío inverno naquelas augas, de súpeto o vixía Estif Nellman gritou: 
-Terra á vista! Todos corremos cara á proa, e alí se podía ver unha illa non moi grande que tiña unha praia onde por cerca da area nadaban un par de golfiños. A illa tamén tiña un monte non moi alto onde se divisaba un volcán. 

O timonel Carter Owen achegouse ata a praia para atracar o barco naquela area que tiña moitas cunchas e tamén moitas pedras mouras. Eu máis a metade da miña tripulación saímos para investigar aquela intrigante illa. Metímonos por un bosque que tiña unha grande variedade de árbores e animais, de súpeto vimos unha cova onde puidemos ver unha grande variedade de minerais que tiñan unha rechamante cor brilante. Detivémonos un momento cando eu dixen: 
- Cando esta illa se colonice por habitantes ingleses, esta cova será a mina da Estrela Prateada facendo así honor ao nome do noso querido barco. Seguimos camiñando e camiñando ata chegar...


Se queres seguir lendo esta apaixoante aventura, cliquea na imaxe:



3 comentarios:

  1. Unha divertida historia Antón. Haberia que facer unha película.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ían, gracias polo teu comentario, pero ainda somos pequenos para facer unha peli.

      Eliminar
  2. Non somos tan pequeños eu teñí feitas omitas películas. Gustoume omito a historia Antón felicitoche

    ResponderEliminar