27 nov 2012

El barco de mis sueños

Este é o primeiro podcast que publicamos neste blog. (Investigade o significado da palabra podcast).

 Ían lenos o conto "El barco de mis sueños", unha composición orixinal, inspirada no poema de Ana Mª Fernández "Deixádeme libre", publicado noutra entrada do blog.

El barco de mis sueños by user156457567

19 nov 2012

¡¡¡Quero bailar!!!

En clase vimos a película de Billy Elliot. Conta a historia dun neno que en vez de boxear, quere bailar. 
A película narra un conto ambientado nun ámbito moi real, un poboado mineiro no que había folgas cando gobernaba Margare Thatcher. Había moita xente en paro (que non tiña traballo), manifestacións e folgas.
A familia de Billy Elliot pasábao moi mal. Non tiñan diñeiro, quedaran sen nai, estaban en paro, case non tiñan que comer, tiveran que romper e utilizar o piano da súa nai morta para quentarse,... Por iso a súa familia sempre estaba dicindo palabras groseiras, pegándose, e chorando. 

A Billy Elliot gustáballe bailar, pero nesa época estaba mal visto que os nenos bailaran. A película amosa que antigamente o que podías facer dependía de se eras home ou muller, había cousas que só podían facer os homes, e cousas que só podían facer as mulleres. A mestra axúdao, con dureza e cariño, non soamente a aprender a bailar, senón tamén a tomar decisións de importancia.
Billy Elliot é unha película que nos ensina que debemos ser como queremos ser, ter autoestima, afrontar as dificultades e superalas.

Trailer de fotos:  



Laura



5 nov 2012

O tesouro

Onte soñei que era unha capitana pirata dun gran barco e que os compañeiros da miña clase eran a miña tripulación, ata a mascota do barco era o meu can Vipo.


Surcábamos os mares en busca da illa do tesouro. Pasamos moitos perigos, sereas que nos querían afogar, baleas xigantes, tiburóns asasinos, ata os policías do mar. Pero eu son moi valente e conseguimos pasar todos os perigos.

Un día o meu can Vipo ladrou que encontrara unha illa, así que fomos. Uns indios atacáronnos e Cristina, Inés, Tania, Anira e Laura déronlles unhas zurras e o resto buscaron o tesouro. Vipo encontrou o tesouro e desenterrouno e todos contentos fixemos unha festa.

Luana