10 jun. 2013

                             Charla de remo                              

Este xoves, 6 de xullo, viñeron á Rúa uns chicos do clube de remo Vila de Cangas a darnos unha charla sobre este deporte náutico.
Chegaron a ixo das 13:00; instalaron os ergómetros, uns aparatos que semellan a actividade que fan os  remeiros no mar, e prepararon o canón para proxectar unha presentación.                                
aquí tedes unha imaxe de un ergómetro.


Logo chegamos nós e proxectáronnos a presentación na que explicaba os tipos de barcos: batel, traineriña e trainera, esta última é a máis coñecida.


Tamén nos falaron de que hai dous tipos de palas; o patrón leva unha pequena que lle axuda a xirar e as dos remeiros son alargadas e feitas para remar. Os bancos destes barcos son fixos e pequenos, o que os fai moi incomodos. Por último, deixáronnos usar os ergómetros. Neles fixemos carreiras conectando un cable  nesta maquina e  todo o exercicio que faciamos se reflexava na pantalla nunha carreira virtual.
O pasamos xenial!!

Internet: ¿diablo ou anxo?

O venres, día 7 de xuño, veu unha especialista en informática a darnos unha charla sobre os perigos de internet:


  • Pornografía infantil.
  • Virus.
  • Gmail.
  • Facebook.
Pornografía infantil:

Contounos que había persoas que se facían pasar por xente máis xove do que eran en realidade para chatear con menores de idade e conseguir que os nenos/as lles manden fotos, a ser posible sen roupa.

Virus: 

Díxonos que había un virus que copiaba as cousas da carpeta de descargas e enviáballas ós teus contactos.
Hai virus que tamén se poden transmitir por correos, por iso é mellor que cando nos chegue un correo que non sabemos de quen é, o eliminemos directamente porque nos poden estar mandando un virus.

Gmail: 

Hai que ter moito coidado co gmail porque hai xente que se fai pasar por famosos, por iso se alguén que non coñeces añadeche é mellor marcar ese correo como spam.

Facebook: 

Contounos que hai que ter moito coidado co que se pon no perfil porque ,por exemplo, podes poñer de xove: ¡¡gústame moito ir de festa!! e se cando xa creceches e queres conseguir un traballo se miran o teu perfil e len iso igual non che contratan porque pensan que eres unha persoa que non se tomaría en serio o seu traballo.

Foi unha charla moi interesante!!!!!!!!