18 jun 2014

Charla satélite

O día 17 de xuño o enxeñeiro de telecomunicacións Gabriel González deunos unha charla sobre o satélite HUMSAT-D, que foi o segundo  construído en Galicia e lanzado dende Kazajistan.











Na universidade de Vigo comezaron cun proxecto chamado Xatcobeo, que consistía en facer un pequeno satélite. Lanzárono nun foguete dende a Guayana Francesa, e só funcionaron o de Vigo e outros dous que ian no mesmo fogete. Os outros sete procedentes de outros países estropeáronse.

Despois Gabriel explicounos os distintos tipos de satélites tanto artificiais como naturais. Alguns dos artificiais son: satélites meteorolóxicos, de comunicación, gps (Sistema de posicionamiento global) e cartográficos. Os meteorolóxicos serven para ver o tempo, como o Meteosat, estes teñen unha órbita xeoestacionaria, se posicionan a trinta e seis mil Km da Terra e son do tamaño dun coche. Os de gps están a vinte mil Km da Terra. Os cartográficos se utilizan para sacar fotos, se lanzan entre catrocentos e seiscentos Km. Tardan unha hora e media en dar unha volta a Terra, dan dezaoito voltas por día.









¿Como se construe un satélite cartográfico?

se necesitan:
  • vinte enxeñeiros
  • unha radio ou unha transmisora
  • unha cámara de fotos 
  • unha memoria para gardar as fotos
  • un conector usb
  • paneles solares para a enerxía
  • unha bateria de reserva L-1 Ion Battery LP063450AB 3. 7V






  O lanzamento:

Custa sesenta mil euros por quilo de peso do satélite, ainda que cos rusos é un pouco máis barato.
Necesitas unha estrutura, e para lanzar o satélite unha vez chegado ao espazo, debaixo se lle pon un resorte para coller impulso e despois poñelo en órbita.

FOI UNHA CHARLA MOOOOOOOOOOOOI INTERESANTE¡¡¡¡¡¡¡¡


Con todo o que aprendemos dentro de pouco construiremos o RÚASAT-1.


14 jun 2014

Documental "Massó no recordo"

Onte, xoves 12 de xuño, puidemos ver no Auditorio de Cangas a estrea do documental "Massó no recordo", elaborado polo alumnado do 6º curso de primaria do CEIP A Rúa, co acompañamento dos seus profesores e do director de cine Ángel Santos, dentro do proxecto Cine en Curso.

A presentación foi un éxito completo, dirixida polos anfitrións Ían, Candela e Néstor e co auditorio repleto de público, comezando polos pais e nais dos nenos e tamén con moitos avós e avoas que querían refrescar a súa memoria.
Moitas grazas a todos os que fixeron posible este documental, moi especialmente a todas as mulleres e homes que no seu día traballaron nesta fábrica emblemática de Cangas e que hoxe, convertidos en avós dos alumnos, se ofreceron a lembrar a súa historia.
Vemos a seguir unha presentación-resumo das fases de elaboración do documental (documentación, rodaxe, montaxe):




 E por fin o documental "Massó no recordo", de case 20 minutos de duración. Esperamos que sexa do voso agrado. (Pinchar na imaxe para visualizalo).

 Massó no recordo, Escola A Rúa (Cangas). Cine en curso Galicia 2013-2014


12 jun 2014

Estrea do documental "Massó no recordo" no Auditorio de Cangas !!



Os alumnos e alumnas de  6º curso do CEIP A Rúa comprácense en invitarlle á presentación do documental

MASSÓ NO RECORDO


Actividade do Plan Proxecta “Cine en curso” en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe


Xoves 12 de xuño ás 9 da noite
Auditorio de Cangas



27 may 2014

Xosé María Díaz Castro

Este ano o día das Letras Galegas foi adicado a Xosé María Díaz Castro, e entre toda a clase fixemos este texto:

                     Vida

          Xosé María Díaz Castro naceu nunha familia labrega en Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo), o 19 de febreiro de 1914. Terceiro de catro irmáns, fillo de Isidoro Díaz Calvo, escribinte no concello de Trasparga, e María Manuela Castro López. Casou con María Teresa Zubizarreta Bengoechea o 10 de agosto de 1954 en Urretxu, de onde proviña a muller, coa que tivo tres fillos: José Mari, Maite e Íñigo.
          De pequeno era coñecido como Pepe e axudaba nos labores do campo. Gustáballe moitísimo a natureza, era gran afeccionado ó estudo das plantas, animais e árbores. Nun verán, cun dos seus irmáns, xuntou máis de 200 ovos de paxaros. Nas súas andainas polo monte, adoitaba buscar sachados prehistóricos.
          Estudou  Latín, Humanidades, Filosofía e Teoloxía no seminario Santa Catalina de Mondoñedo; pero non rematou sendo cura, senón mestre de ensinanza media en Vilagarcía de Arousa e, dende o ano 1948, en Madrid. Nesta localidade desenvolveu un importante labor como tradutor. Foi un gran coñecedor das linguas europeas, dominaba 14 delas. Tamén traballou no Ministerio de Gobernación, no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico.
          Finalmente, morreu en Lugo o 2 de outubro de 1990, á idade de 76 anos.
          
                           Obra

          Dende cativo, os libros eran os seus compañeiros, amigos da súa andadura de cada día. Ós 12 anos escribiu os seus primeiros versos inspirándose na paisaxe e a beleza da Terra Chá, o que el vía e lle sorprendía. Ós 16 anos editou o seu primeiro poema na revista “Lluvia de rosas”, de Tarragona. En Madrid publicou asiduamente poemas na revista “Alba”. En 1946 gañou os primeiros premios de poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos.
          No ano 1961 veu a luz “Nimbos”, a súa única obra. Este poemario tivo moita influencia nos poetas posteriores pola súa perfección, pola preocupación por Galicia e por reflexionar sobre os problemas básicos do ser humano: a vida, a morte e o tempo. “Nimbos” é esa coroa que levan os santos, para el era como un halo que lle trasmitían as pequenas cousas do cotiá: a herba pequerrechiña, a lúa... O título dá a idea que tiña Díaz Castro sobre a poesía, como unha iluminación.
Ten algún libro inédito en castelá e quixo que non se publicasen porque el quería ser un poeta en galego, apostou polo noso idioma anos.



         


20 may 2014

Tertulia literaria do libro "Caperucita en Manhattan"


O xoves 15 de maio, dende ás 10:15 ata as 12:30 da mañá, tivemos unha tertulia literaria todos os alumnos/as de 6º e as nais que se apuntaron. Comentamos o libro  "Caperucita en Manhattan" de Carmen Martín Gaite. 


Antes de nada, falamos das tertulias literarias que había en cafés de distintos lugares de España, como no café Gijón de Madrid, onde se reunían artistas para falar de literatura, saboreando unha cunca de café quente.





Tertulia literaria da película "La colmena"


Portada do libro

"Caperucita en Manhattan" trata dunha nena de 10 anos chamada Sara Allen que vive cos seus pais en Brooklyn. Ten unha nai meticulosa que, aínda que no fondo a quere, non lle gusta que a súa filla sexa unha nena "rara e imaxinativa", cunha chea de preguntas que non quere responderlle. Por outro lado, tamén ten unha avoa, a ex-estrela coñecida como "Gloria Star", que Sara aprecia moito, xa que sae moito a ela.

Un día, tras a morte do seu tío Josef, os seus pais van a Chicago ó funeral, e ela aproveita e escapa á casa da súa avoa, pero pérdese no metro. Alí encóntrase con Miss Lunatic, que lle cambiará a vida para sempre, xa que a axudará a conseguir a auténtica liberdade.

E como non pode faltar, hai un infame lobo, pero este é máis ben un lobo solitario; trátase do millonario Edgar Woolf que, aínda que ten un gran negocio, encóntrase só. Sara atópao en Central Park e axúdao a ter por fin algo de compañía.
Sara Allen

O libro está escrito por Carmen Martín Gaite, unha escritora española. Naceu en Salamanca o 8 de decembro de 1925 e morreu en Madrid o 23 de xullo de 2000. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca.
En 1950 trasladouse a Madrid pasando largas tempadas en El Boalo, ó que fai referencia en numerosas publicacións. Esta autora é unha das figuras máis relevantes das letras españolas da segunda metade do século XX. Recibiu, entre outros, o premio Nadal e o premio Príncipe de Asturias das Letras.
É autora de libros como "Entre visillos", "El cuarto de atrás" ou "Nubosidad Variable"


Carmen Martín Gaite


Na clase propuxéronnos buscar un plano de New York e situar alí os lugares importantes do libro. Eu fixen este plano situando os lugares que se destacan no libro:



Todos/as na tertulia

Estivemos comentando o argumento do libro, os personaxes e, sobre todo, dúas cousas: os símbolos e as mensaxes. Ó principio comentamos que nos pareceu o libro e logo pasamos xa ó tema das mensaxes. Falamos de que a principal mensaxe que transmitía era a liberdade, pero tamén houbo máis mensaxes que  transmitían os personaxes, por exemplo, que non hai que ter todo o diñeiro no mundo para ser feliz (mensaxe que transmitía  Mister Wolf no capítulo 7). 


Comentando o libro

Buscando frases no libro

Outra cousa que nos chamou a atención son os libros que lle gustan a Sara, que lle regalara o antigo marido da avoa, Aurelio. Eses libros son "Alicia no país das marabillas", "Carapuchiña Vermella" e "Robinson Crusoe". O argumento de "Caperucita en Manhattan" ten moito parecido co destes libros, sobre todo con "Carapuchiña Vermella"; por exemplo, a torta que Carapuchiña lle leva a súa avoa é a torta de  amorodo que lle leva Sara a Rebeca; o infame lobo que se encontra en medio do bosque é Edgar Wolf en Central Park... Tamén hai momentos da historia que nos recordan a outros  libros; por exemplo o final, cando Sara se bota polo sumidoiro, recorda a Alicia botándose no burato. 

Tertulia fronte ós debuxos de Carapuchiña vermella
Para finalizar a tertulia, como se estivésemos nun café literario, comemos uns biscoitos exquisitos, xunto cun chocolate quente e dúas tortas de amorodo, símbolo do libro. Estaba todo delicioso. 

Comendo os biscoitos e bebendo chocolate quente


Ían Vilariño Vicente