Este ano o día das Letras Galegas foi adicado a Xosé María Díaz Castro, e entre toda a clase fixemos este texto:
•
Vida
Xosé María Díaz
Castro naceu nunha familia labrega en Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo), o
19 de febreiro de 1914. Terceiro de catro irmáns, fillo de Isidoro Díaz Calvo,
escribinte no concello de Trasparga, e María Manuela Castro López. Casou con
María Teresa Zubizarreta Bengoechea o 10 de agosto de 1954 en Urretxu, de onde
proviña a muller, coa que tivo tres fillos: José Mari, Maite e Íñigo.
De pequeno era coñecido como Pepe e axudaba nos labores do
campo. Gustáballe moitísimo a natureza, era gran afeccionado ó estudo das
plantas, animais e árbores. Nun verán, cun dos seus irmáns, xuntou máis de 200
ovos de paxaros. Nas súas andainas polo monte, adoitaba buscar sachados
prehistóricos.

Finalmente, morreu en Lugo o 2 de outubro de 1990, á idade
de 76 anos.
•
Obra
Dende cativo, os
libros eran os seus compañeiros, amigos da súa andadura de cada día. Ós 12 anos
escribiu os seus primeiros versos inspirándose na paisaxe e a beleza da Terra
Chá, o que el vía e lle sorprendía. Ós 16 anos editou o seu primeiro poema na
revista “Lluvia de rosas”, de Tarragona. En Madrid publicou asiduamente poemas
na revista “Alba”. En 1946 gañou os primeiros premios de poesía galega e
castelá nos Xogos Florais de Betanzos.
No ano 1961 veu a luz “Nimbos”, a súa única obra. Este
poemario tivo moita influencia nos poetas posteriores pola súa perfección, pola
preocupación por Galicia e por reflexionar sobre os problemas básicos do ser
humano: a vida, a morte e o tempo. “Nimbos” é esa coroa que levan os santos,
para el era como un halo que lle trasmitían as pequenas cousas do cotiá: a
herba pequerrechiña, a lúa... O título dá a idea que tiña Díaz Castro sobre a
poesía, como unha iluminación.
Ten algún libro inédito en
castelá e quixo que non se publicasen porque el quería ser un poeta en
galego, apostou polo noso idioma anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario