O xoves 15 de maio, dende ás 10:15 ata as 12:30 da mañá, tivemos unha tertulia literaria todos os alumnos/as de 6º e as nais que se apuntaron. Comentamos o libro "Caperucita en Manhattan" de Carmen Martín Gaite.

Tertulia literaria da película "La colmena"
![]() |
Portada do libro |
"Caperucita en Manhattan" trata dunha nena de 10 anos chamada Sara Allen que vive cos seus pais en Brooklyn. Ten unha nai meticulosa que, aínda que no fondo a quere, non lle gusta que a súa filla sexa unha nena "rara e imaxinativa", cunha chea de preguntas que non quere responderlle. Por outro lado, tamén ten unha avoa, a ex-estrela coñecida como "Gloria Star", que Sara aprecia moito, xa que sae moito a ela.
Un día, tras a morte do seu tío Josef, os seus pais van a Chicago ó funeral, e ela aproveita e escapa á casa da súa avoa, pero pérdese no metro. Alí encóntrase con Miss Lunatic, que lle cambiará a vida para sempre, xa que a axudará a conseguir a auténtica liberdade.
E como non pode faltar, hai un infame lobo, pero este é máis ben un lobo solitario; trátase do millonario Edgar Woolf que, aínda que ten un gran negocio, encóntrase só. Sara atópao en Central Park e axúdao a ter por fin algo de compañía.
![]() |
Sara Allen |
O libro está escrito por Carmen Martín Gaite, unha escritora española. Naceu en Salamanca o 8 de decembro de 1925 e morreu en Madrid o 23 de xullo de 2000. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca.
En 1950 trasladouse a Madrid pasando largas tempadas en El Boalo, ó que fai referencia en numerosas publicacións. Esta autora é unha das figuras máis relevantes das letras españolas da segunda metade do século XX. Recibiu, entre outros, o premio Nadal e o premio Príncipe de Asturias das Letras.
É autora de libros como "Entre visillos", "El cuarto de atrás" ou "Nubosidad Variable"
![]() |
Carmen Martín Gaite |
Na clase propuxéronnos buscar un plano de New York e situar alí os lugares importantes do libro. Eu fixen este plano situando os lugares que se destacan no libro:
Todos/as na tertulia |
Estivemos comentando o argumento do libro, os personaxes e, sobre todo, dúas cousas: os símbolos e as mensaxes. Ó principio comentamos que nos pareceu o libro e logo pasamos xa ó tema das mensaxes. Falamos de que a principal mensaxe que transmitía era a liberdade, pero tamén houbo máis mensaxes que transmitían os personaxes, por exemplo, que non hai que ter todo o diñeiro no mundo para ser feliz (mensaxe que transmitía Mister Wolf no capítulo 7).
Comentando o libro |
Buscando frases no libro |
Outra cousa que nos chamou a atención son os libros que lle gustan a Sara, que lle regalara o antigo marido da avoa, Aurelio. Eses libros son "Alicia no país das marabillas", "Carapuchiña Vermella" e "Robinson Crusoe". O argumento de "Caperucita en Manhattan" ten moito parecido co destes libros, sobre todo con "Carapuchiña Vermella"; por exemplo, a torta que Carapuchiña lle leva a súa avoa é a torta de amorodo que lle leva Sara a Rebeca; o infame lobo que se encontra en medio do bosque é Edgar Wolf en Central Park... Tamén hai momentos da historia que nos recordan a outros libros; por exemplo o final, cando Sara se bota polo sumidoiro, recorda a Alicia botándose no burato.
Tertulia fronte ós debuxos de Carapuchiña vermella |
Para finalizar a tertulia, como se estivésemos nun café literario, comemos uns biscoitos exquisitos, xunto cun chocolate quente e dúas tortas de amorodo, símbolo do libro. Estaba todo delicioso.
Comendo os biscoitos e bebendo chocolate quente
Ían Vilariño Vicente
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario