Orientándonos
Maqueta bóveda celeste
Sistema Terra-Lúa
Despois Severino explicounos cousas sobre o sistema Terra-Lúa. Construiunos un modelo a escala co que se poden observar os eclipses de Lúa. Para facelo a escala tivo que facer unha serie de cálculos para saber qué diámetro darlles á Terra e á Lúa e para saber a distancia á que tiñan que estar unha da outra.
- Se no ceo nocturno vemos unha luz intensa, probablemente sexa un satélite artificial, que logo irá baixando de intensidade por entrar na sombra da Terra.
- Algo que ilumina moito tamén pode ser a Estación Espacial Internacional.
- Ó que lle chamamos "estrelas fugaces" non son estrelas, senón micrometeoritos.
- O Sol e a Lúa a simple vista vénse do mesmo tamaño a pesar de que o Sol é moitísimo máis grande, porque a Lúa está moito máis preto da Terra.
- A galaxia de Andrómeda é a máis cercana á Terra e está a unha distancia de 3.000.000 de anos luz.
- Existen centos de planetas fóra do Sistema Solar xirando ó redor doutras estrelas.
- Se no espazo non hai osíxeno, cómo prende o Sol?
Prende por reaccións que hai dentro das estrelas. - Se o eixo da Terra non estivese inclinado, qué pasaría coas estacións?
Non existirían as estacións. - Por qué a Lúa ten que ver coas mareas?
A Lúa tamén atrae á Terra pero o que máis fácil lle resulta é atraer o líquido. - Por qué parpadean as estrelas?
Polos movementos de aire a distintas temperaturas na atmosfera terrestre, que fan que se retorzan os raios de luz. Vistas dende o espazo, as estrelas non parpadean. Os planetas non os vemos parpadear dende aquí abaixo porque están moito máis preto e vénse algo máis grandes.
Parabéns Andrea e Inés!!! (por certo, Inés, tes que asinar a entrada) Nótase que revisastes a entrada e que a fixestes con moito interese. :-)
ResponderEliminarPor certo, se me permitides, vou ilustrar a entrada cun par de fotos. Grazas.
ResponderEliminarQue charla tan interesante, ben seguro que non perdestes detalle. A min tamén me gustaría asistir.
ResponderEliminarGrazas
ResponderEliminarGrazas
ResponderEliminarMoi boa a entrada chicas!!
ResponderEliminarNon sei porque puxen duas veces grazas, sintoo
ResponderEliminarNo pasa nada.
Eliminar