10 nov 2013

A visita do astrónomo Severino

O día 9-10-13 veu á nosa clase un astrónomo chamado Severino a darnos unha charla de astronomía. Explicounos moitas cousas relacionadas coa bóveda celeste, como por exemplo a maneira de situar os catro puntos cardinais (norte, sur, leste e oeste), de día guiándonos polo Sol e de noite pola estrela polar.

 
 Orientándonos


A continuación ensinounos unha maqueta circular que representaba a atmosfera, e con iso explicounos os percorridos que fai o Sol (equinoccios, solsticio de inverno e solsticio de verán). Tamén nos amosou cómo saen e se meten as estrelas, e observamos que no ecuador hai unha estrela que non se chega a meter tralo horizonte. Todo isto respondeunos a algunhas preguntas que tiñamos preparadas.
 

Maqueta bóveda celeste



Sistema Terra-Lúa







Despois Severino explicounos cousas sobre o sistema Terra-Lúa. Construiunos un modelo a escala co que se poden observar os eclipses de Lúa. Para facelo a escala tivo que facer unha serie de cálculos para saber qué diámetro darlles á Terra e á Lúa e para saber a distancia á que tiñan que estar unha da outra.




       
Falounos de distintas ideas sobre o universo, cunha morea de datos curiosos:
  1. Se no ceo nocturno vemos unha luz intensa, probablemente sexa un satélite artificial, que logo irá baixando de intensidade por entrar na sombra da Terra.
  2. Algo que ilumina moito tamén pode ser a Estación Espacial Internacional.
  3. Ó que lle chamamos "estrelas fugaces" non son estrelas, senón micrometeoritos.
  4. O Sol e a Lúa a simple vista vénse do mesmo tamaño a pesar de que o Sol é moitísimo máis grande, porque a Lúa está moito máis preto da Terra.
  5. A galaxia de Andrómeda é a máis cercana á Terra e está a unha distancia de 3.000.000 de anos luz.
  6. Existen centos de planetas fóra do Sistema Solar xirando ó redor doutras estrelas.
Nós, uns días antes, estiveramos plantexando unhas preguntas para facerlle:
  1. Se no espazo non hai osíxeno, cómo prende o Sol?
    Prende por reaccións que hai dentro das estrelas.
  2. Se o eixo da Terra non estivese inclinado, qué pasaría coas estacións?
    Non existirían as estacións.
  3. Por qué a Lúa ten que ver coas mareas?
    A Lúa tamén atrae á Terra pero o que máis fácil lle resulta é atraer o líquido.
  4. Por qué parpadean as estrelas?
    Polos movementos de aire a distintas temperaturas na atmosfera terrestre, que fan que se retorzan os raios de luz. Vistas dende o espazo, as estrelas non parpadean. Os planetas non os vemos parpadear dende aquí abaixo porque están moito máis preto e vénse algo máis grandes.

8 comentarios:

  1. Parabéns Andrea e Inés!!! (por certo, Inés, tes que asinar a entrada) Nótase que revisastes a entrada e que a fixestes con moito interese. :-)

    ResponderEliminar
  2. Por certo, se me permitides, vou ilustrar a entrada cun par de fotos. Grazas.

    ResponderEliminar
  3. Que charla tan interesante, ben seguro que non perdestes detalle. A min tamén me gustaría asistir.

    ResponderEliminar
  4. Non sei porque puxen duas veces grazas, sintoo

    ResponderEliminar