13 dic. 2012

película tempos modernos


Tempos Modernos (Modern Times) é unha película en blanco e negro de Charles Chaplin que trata da industria.

A película é moi divertida e Chaplin non deixa de meterse en lios,pero hai algunhas cousas que pasan tamen na actualidade,por exemplo que hai moita xente pobre, como a amiga de Chaplin, que por comer algo chegou a roubar unha barra de pan. 

Tamen hai moitas folgas porque os traballadores traballaban moitas horas,en malas condicions e gañaban unha miseria; ademais, nos traballos en cadea, o xefe sempre lle daba mais rapido para aumentar a productividade, e incluso querian eliminar a hora do almorzo cunha maquina que che da de comer automaticamente.

Unha vez, Chaplin foi a o hospital e, cando saiu, a sua fa brica cerrara. Atopouse en medio dunha manifestacion, e así toda a pelicula, de manifestación en manifestacion.

Cando Chaplin encontra traballo nun centro comercial, entran uns homes pola noite,pero resultaron non ser ladrons, senon xente pobre que tiña fame debido a escasez de traballo. Mais tarde,despois da hora do almorzo do seu primeiro dia de traballo, volven a poñerse en folga.


A pelicula ensínanos que temos dereito a traballar, pero en condicións dignas, e que sempre debemos intentar superar as dificultades.       

3 comentarios:

  1. Que risas coa película de Charles Chaplin a verdade e que me gustou moito.
    Me gustou a tua entrada Néstor.
    A película foi graciosisima JAJAJAJAH XD :D
    -Ían-

    ResponderEliminar
  2. Xa che digo Ían graciosisima grao superlativo XD houbo moita xente que o pricipio dixo: "joo porque ten que ser en branco e negro" e despois cando prguntou Ana quen o dixera o unico que o admitiu foi Andres.
    Ahh Néstor encantame a tua entrada e coa película partinme de risa segue así.
    -Sergio

    ResponderEliminar
  3. Unha película moi boa se merece un aplauso. Me gustou moito e mira que eu odio as películas en branco e negro. A entrada esta moi ben agora mesmo a estou corisindo (son as17:45).

    ResponderEliminar