11 dic 2012

A nai de Sergio veu lernos dous contos


A nai de Sergio veu contarnos dous contos  verdadeiramente bonitos, un era "El mejor regalo del  mundo", escrito por Ricard Ruíz Garzón, ilustracións de Claudia Degliuomini,  e o outro era "La escuela secreta de Nasreen", escrito por Jeanette Winter, unha historia baseada  en feitos reais.


                              





    
     
                                "EL MEJOR REGALO DEL MUNDO"


Anita cada cumpreanos agardaba o agasallo do seu padriño. Era explorador e cada ano  agasallábaa cun libro dos sitios que visitara. Os libros estaban envoltos nun precioso papel de regalo cunhas preciosas e brilantes estrelas douradas. Esta vez  chegoulle  un libro envolto en papel dourado e cun precioso lazo. Entón Anita desenvolveu o papel e alí encontrou varios libros en branco. Sentiuse decepcionada porque esperaba un libro escrito. 

Ó día seguinte, Anita abriu un dos libros e encontrou unha pregunta. Desde esa mañá, esperta sabendo que no libro aparecerá unha nova mensaxe do seu padriño. 

A mañá do seu cumpreanos, coma sempre, abriu o libro que contiña unha nova frase: "Abre a porta". Ao abrir a porta, encontrouse co seu padriño!! Rematou a festa e o padriño despediuse.

Ao día seguinte pola mañá no libro apareceu unha nova mensaxe que dicía así: "Se contestas unha serie de preguntas, entrarás no clube de exploradores. Terás que redactar nos demais libros as túas historias" Para ela converteuse no mellor agasallo do mundo, nunca lle regalaran un libro máxico.





                         
"LA ESCUELA SECRETA DE NASREEN"


Nasreen é unha pequena nena que vive coa súa avoa en Afganistán porque o seu pai estaba arrestado polos talibáns e a súa nai foi na súa busca. 

Neste país os talibáns prohiben ás mulleres saír da casa soas e ir á escola. A avoa decide levala a unha escola segreda que está preto da súa casa. Nasreen sentouse ao lado dunha nena pero non lle contestou e así cada día. Pasado un tempo, foi superando a súa tristura, comezou a falar e fixéronse amigas. 

 

Na actualidade, unha nena de Afganistán foi tiroteada por negarse a deixar a escola.



         



Non é xusto.  As nenas tamén queren aprender, pero, como di a miña avoa, "a vida e así". Pola tanto, disfrutade do que tedes. Non todos teñen a mesma sorte ca nós.


                          
     
Anira

1 comentario:

  1. Me encantaron os contos que nos lera a nai de Sergio o pasamos moi ben.
    -Ían-

    ResponderEliminar