19 nov 2012

¡¡¡Quero bailar!!!

En clase vimos a película de Billy Elliot. Conta a historia dun neno que en vez de boxear, quere bailar. 
A película narra un conto ambientado nun ámbito moi real, un poboado mineiro no que había folgas cando gobernaba Margare Thatcher. Había moita xente en paro (que non tiña traballo), manifestacións e folgas.
A familia de Billy Elliot pasábao moi mal. Non tiñan diñeiro, quedaran sen nai, estaban en paro, case non tiñan que comer, tiveran que romper e utilizar o piano da súa nai morta para quentarse,... Por iso a súa familia sempre estaba dicindo palabras groseiras, pegándose, e chorando. 

A Billy Elliot gustáballe bailar, pero nesa época estaba mal visto que os nenos bailaran. A película amosa que antigamente o que podías facer dependía de se eras home ou muller, había cousas que só podían facer os homes, e cousas que só podían facer as mulleres. A mestra axúdao, con dureza e cariño, non soamente a aprender a bailar, senón tamén a tomar decisións de importancia.
Billy Elliot é unha película que nos ensina que debemos ser como queremos ser, ter autoestima, afrontar as dificultades e superalas.

Trailer de fotos:  



Laura



5 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. moi ven traballo Laura se nota que te esforzaches quedou moi ben sege asi.

    ResponderEliminar
  3. Me encantou a película de Billy Eliot aunque en moitas escenas había moitas palabrotas e a verdade iso non me gustou nada pero sei que enrealidad so as dician porque sufrian moito coa folga.
    -Ían-

    ResponderEliminar
  4. Laura notase que te esforzaches moito e a película, o trailer esta moi ben porque reflexa moi ben o que do que realmente trata a historia de Bylli Eliot

    ResponderEliminar