5 nov 2012

O tesouro

Onte soñei que era unha capitana pirata dun gran barco e que os compañeiros da miña clase eran a miña tripulación, ata a mascota do barco era o meu can Vipo.


Surcábamos os mares en busca da illa do tesouro. Pasamos moitos perigos, sereas que nos querían afogar, baleas xigantes, tiburóns asasinos, ata os policías do mar. Pero eu son moi valente e conseguimos pasar todos os perigos.

Un día o meu can Vipo ladrou que encontrara unha illa, así que fomos. Uns indios atacáronnos e Cristina, Inés, Tania, Anira e Laura déronlles unhas zurras e o resto buscaron o tesouro. Vipo encontrou o tesouro e desenterrouno e todos contentos fixemos unha festa.

Luana


5 comentarios:

  1. Luana, é unha bonita historia e como dixen da de Antón haberia que facer unha película, espero que sigas facendo contos tan preciosos como estés.
    -Ían-

    ResponderEliminar
  2. Luana, moi boa idea incluír como personaxes a compañeiras de clase e o teu can Vipo. Segue escribindo así. Un bico rico!!

    ResponderEliminar
  3. moi ben Luana esta genial e super original, encantoume sigue así.
    ¡Un bico enorme!

    ResponderEliminar
  4. Luana as tuas historias son preciosas sigue así adios

    ResponderEliminar
  5. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar