15 oct 2013

Admitíronnos no Proxecta "Cine en curso"!!!!


Nunca hai que perder a fe no que podes conseguir!!! E vós tiñades máis fe ca min, iso está claro!!  Que si profe, que o imos conseguir! Se ti fas o proxecto está feito! Eu, dubidosa. Era moi, moi difícil. :-(  Na convocatoria indicaban que só darían un Proxecta "Cine en curso", modalidade Documental, a 4 colexios de Galicia.

E...

CONCEDÉRONNOS O PROXECTA "CINEANDO ILUSIÓNS"!!!!


Co cal, preparádevos para aprender moitísimas máis cousas sobre cine das que estamos estudando, xa que virán expertos/as, cineastas, a darvos uns obradoiros sobre o tema ó cole. As profes Rosana, May, Montse e eu, participantes no programa, teremos que ir a Coruña a formarnos sobre esta temática. Por último, e o máis emocionante, é que rodaredes unha curtametraxe sobre un oficio antigo que será proxectada en Coruña. 
Que vos parece??? Estades tan entusiasmados coma nós!!?? Iso espero!!!

Vémonos mañá, pequenos-grandes cineastas!!!

Compartiremos a ilusión de Totó, como vimos na película "Cinema Paradiso"


Podedes ver o proxecto presentado na imaxe da película "Viaxe á Lúa, de G. Méliès, á dereita desta entrada. Tamén na pestana "Cineando ilusións".

9 comentarios:

  1. que ilusión!!!!!!!!
    Que sorte temos!!!!!
    :3

    ResponderEliminar
  2. E verdade temos moita sorte. Ana moitas grazas por intentalo. <3 moitos bicos

    ResponderEliminar
  3. Eu xa o disen dende o principio,se escribias ti, Ana, gañabamos

    ResponderEliminar
  4. Grazas a vós pola ilusión que tedes. Así todo é "coser e cantar". Teño un grupo de alumnos/as marabilloso!!

    ResponderEliminar
  5. NORABOA!!!
    Posiblemente esta "semente" medrará e o día de mañá algúns e algunhas vos convertiredes en guionistas, directores/as, axudantes de dirección, script, productores/as, directores/as artísticos, directores/as de fotografía, iluminadores/as, operadores de cámara, técnicos de son, creadores de efectos especiais... uff!! da para toda a clase.
    Agora toca traballar para chegar lonxe.
    Bicos para todos e todas (incluídas as profes)

    ResponderEliminar
  6. ¡Admitíronnos!, é xenial. Sabía desde o principio que iannos admitir no proxecto.
    Agora, ¡A FESTEXAAAAAAAAAAAAAR!

    ResponderEliminar
  7. Que ben que nos admitiran!!! SEMPRE HAI QUE TER FE.

    ResponderEliminar