27 sept 2013

O CINE NA ÉPOCA DOS NOSOS AVÓS

  

Na clase,fixemos un traballo sobre como viviron a experiencia do cine os nosos familiares.

As salas  eran moito máis grandes e fermosas que as de hoxe en día. Pero fomos máis alá e descubrimos que había dúas plantas, o galiñeiro (situado arriba,sentábanse en bancos) e a butaca (abaixo,con asentos de veludo vermello).
 
O cine valía moi pouco diñeiro, o prezo máis baixo do que nos falaron foi de 3 patacos (30 céntimos de peseta). Se ías co teu noivo, o que pagaba a entrada era el. Non podías ir soa coa túa parella porque o cine era moi escuro e ... Por iso levabas amigas para que fixesen de carabina.

As condicións hixiénicas das salas eran deficientes,por iso había pulgas e ratas, e as butacas estaban cheas de cunchas de pipas, papeis...

Antes de comezar as películas, na época da Ditadura, poñían o NODO, que era propaganda do réxime franquista. As películas eran moi longas, por iso, ás veces, poñían descansos para ir ó baño. Tamén nalgúns cines había sesión contínua, proxectando películas sen parar.

Os nosos avós cada vez que ían ó cine sentían pracer,gañas de volver, sastifacción e felicidade.

Lástima non poder vivir nesa época.
Seguramente gustaríame moito a experiencia!!!


8 comentarios:

  1. Moi ben Maia para estar nerviosa o fixeches moi ben, ¿verdade?

    ResponderEliminar
  2. Moitas Gracias!!!!

    ResponderEliminar
  3. Foi unha gran experiencia o dos cines antigos. Oxalá hubera vivido esa experiencia.

    ResponderEliminar
  4. Si!!!
    Sería INCRIBLE!!!

    ResponderEliminar
  5. Teño que felicitarche Maia porque para ser a tua primeira entrada no blog está xenial

    ResponderEliminar
  6. Que cousas tan interesantes e curiosas se descubren!!!
    Os maiores son como libros.Temos moito que aprender deles.
    XENIAL!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias May,as túas palabras son moi bonitas e interesantes.

      Eliminar