10 jun 2013

                             Charla de remo                              

Este xoves, 6 de xullo, viñeron á Rúa uns chicos do clube de remo Vila de Cangas a darnos unha charla sobre este deporte náutico.
Chegaron a ixo das 13:00; instalaron os ergómetros, uns aparatos que semellan a actividade que fan os  remeiros no mar, e prepararon o canón para proxectar unha presentación.                                
aquí tedes unha imaxe de un ergómetro.


Logo chegamos nós e proxectáronnos a presentación na que explicaba os tipos de barcos: batel, traineriña e trainera, esta última é a máis coñecida.


Tamén nos falaron de que hai dous tipos de palas; o patrón leva unha pequena que lle axuda a xirar e as dos remeiros son alargadas e feitas para remar. Os bancos destes barcos son fixos e pequenos, o que os fai moi incomodos. Por último, deixáronnos usar os ergómetros. Neles fixemos carreiras conectando un cable  nesta maquina e  todo o exercicio que faciamos se reflexava na pantalla nunha carreira virtual.
O pasamos xenial!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario