O 27 de marzo do 2013 naceu o meu irmán Diego. Agora vouvos contar un pouco cómo pasou todo. Souben que a miña nai (Susi) estaba embarazada o 9 de agosto de 2012, dous días despois de que se enteraran ela e máis Martín. Cando me deron a noticia emocioneime e púxenme moi contenta, porque sempre desexara ter un irmán ou unha irmá. A miña nai sempre me dicía que non ía poder ser por varios motivos, pero ó final sucedeu.
Co paso dos meses, á miña nai comezou a medrarlle a barriga e pronto vimos as imaxes das ecografías, dende a primeira de setembro ata unha en 3D de xaneiro na que xa lle puidemos ver con detalle a cara e a piroliña.
En febreiro chegaron as contracións, que obrigaron á miña nai a parar de traballar. E aínda que en principio non tocaba ata abril, na terceira semana de marzo houbo que ingresar no hospital. Alí, apurando o tempo antes do parto, entre a miña tía Patri e eu pintámoslle unha cara na barriga, como xa se fixera anos antes coas barrigas que nos levaban a min e ó meu primo Mario.
Finalmente programaron unha cesárea para o mércores 27, antes dos festivos da semana santa. Diego naceu sen complicacións ás 10.20 da mañá, e todos fomos a miralo con alegría. Para min foi un acontecemento xenial, que case non podía crer.
Á volta das vacacións, conteilles a boa nova ós meus compañeiros da clase de 5º, e a profe Ana tivo unha grande idea: que cada un lle fixera a Diego un debuxo dándolle a benvida, xunto coas felicitacións para min, para a miña nai e para Martín. Foi un regalo emocionante para todos nós, un detalle xenial polo que vos estamos moi agradecidos.
E aquí estamos, desfrutando de cada día entre choros, sonecas e cambios de pañal.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarNoraboa a toda a familia pola chegada des pequerrecho que tan felices vos fai. Vai ser un neno moi feliz
ResponderEliminarQue entrada máis fermosa!!! Emocioneime!! Parabéns a toda a familia, que gocedes deste neno e que sexades moi felices. Un biquiño moi, moi grande.
ResponderEliminarEsquecinme!!! A presentación é... (sen palabras) Encántame a canción que elixistes para poñer de fondo!! Grazas por crear este marco para os agasallos dos teus compañeiros/as. Realmente eles esmeráronse e vós puxestes a guinda.
ResponderEliminar¡Noraboa Andrea! Encantoume a tua entrada e presentación.
ResponderEliminarAdemais, xa tes un irmá pequeno, como dixen no meu debuxo:
"¡Bevido Diego!, que disfrutes da tua vida (mentras poidas). ¡Boa sorte!"
Se pregunta por qué puxen entre paréntesis "mentrar poidas" dille que xa llo explicarán seus pais.
Coida moito do teu irmá.
¡Felicidades Susi, Martín e Andrea!
-Ían. M. Vil. Vic.-
Qué grande eres, Ian.
Eliminar:-) :-) :-) :-) :-) :-) :-) :-) :-) :-) :-) :-) :-) :-) :-) :-)
ResponderEliminar:p :p :p :p :p :p :p :p :p :p :p :p :p :p :p :p :p :p :p :p :p :p
:D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D :D
Noraboa Andrea. Verás como te divirtes moitísimo co teu irmán. A entrada quedouche xenial! A miña nai encantoulle.:)
ResponderEliminarEncantoume a entrada, estou segura de que todos os que a leron pensan o mesmo ¡¡¡¡¡Noraboa!!!!!!!!!!!! :-D
ResponderEliminarEsta fenomenal a entra encantoume moitisimo, seguro que e tan encantador coma toda a tu familia, que o disfrutes!!!!!!!
ResponderEliminarAndre, eres muy grande!! Enhorabuena muñeca :))
ResponderEliminarGustoume moito a entrada. Boa sorte co teu irmán XD XD
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarParabens!
EliminarNoraboa!!!! Disfrutade de Diego que enseguida crece.
ResponderEliminarTeño experiencia;)
ja ja ja
EliminarNoraboa a todos.
ResponderEliminarAndrea, cando o teu irma sea un pouco maís mayor,
dille quen é Barrie o Bo. XD XD
ja,ja
EliminarNoraboa!
ResponderEliminarEspero que Diego siga tan guapo como ó é agora!
Biquiños para toda a familia!
gracias, igualmente
ResponderEliminar