O venres día 7 de marzo fomos visitar a Asociación Astronómica Sirio de Cotobade (Pontevedra).
Saímos de Cangas ás cinco da tarde e chegamos ao observatorio antes do previsto, así que tivemos un intre para xogar e explorar a zona. Media hora máis tarde, chegou Severino, un dos astrónomos, e sacounos unha foto a todos xuntos.
Mentres non
escurecía estivemos falando, e chegaron o outro astrónomo e o profe Xose. Cando xa se fixo de noite, dividímonos en dous grupos: o primeiro foi á parte de arriba con Severino a ver polo grande telescopio, e o outro quedou abaixo, vendo as constelacións coa axuda do outro astrónomo.
Polo telescopio
puidemos ver a Lúa, o planeta Xúpiter e catro das súas lúas (Ganímedes , Calixto, Ío e Europa), a nebulosa de Orión e por último un cúmulo aberto de estrelas. A simple vista estivemos sinalando cun punteiro láser as constelacións e as estrelas, entre elas as Pléiades, Canis Maior, que como ollo ten a estrela Sirio,a máis brilante do ceo e que dá nome ao observatorio.
Ao final, entre todos, démoslles aos astrónomos os agasallos que lle tiñamos preparados, e eles, déronnos a cada un de nós un adhesivo do observatorio.
Foi unha experiencia única e divertida, e ademais aprendemos moitísimas cousas moi interesantes.
23 mar 2014
20 mar 2014
Luces, cámara, Massó!!
Este martes día 18 de marzo comezamos a rodaxe. Dividímonos por grupos para filmar mañá e tarde durante 3 días.
O primeiro día gravamos polo exterior da fábrica e tamén na baleeira. O segundo día entramos na nave principal e a experiencia foi impactante porque é inmensamente grande!!!! Aínda que hai moito "lixo" que debería ser retirado, atopamos reliquias da fábrica, dignas dun museo: osos de baleas, caixas rexistradoras, latas de conserva, maquinaria, reloxos, ánforas onde se gardaba o aceite, básculas, unha grande áncora...
Tamén gozamos aprendendo a manexar o equipo de rodaxe, pasando todos os nenos polos distintos postos: director/a, cámara, sonidista, cablista, script e fotógrafo/a. Tivemos a oportunidade de decidir os planos libremente, en función dos nosos intereses, sendo aconsellados polo cineasta.
Gravamos a persoas vinculadas con Massó falándonos da fábrica. Hoxe imos ter o privilexio de conversar coa asistenta social, Ana María Soto Landeira, de 92 anos, para contarnos a súa experiencia.
Somos moi afortunados/as de poder participar neste proxecto de cine que é unha experiencia inesquecible.
Aquí vos deixamos o enlace á nova onde se fala do inicio da rodaxe.

17 mar 2014
Expoñemos ó alcalde o proxecto "Cine en curso"
Somos os nenos/as de 6º do C.E.I.P. A Rúa e queriamos
explicarlle o Proxecto “Cine en curso” no que estamos a
participar.
A finalidade do mesmo é achegar ós alumnos/as de
Galicia, Cataluña, Madrid e Arxentina ó mundo do cine, mediante a
realización dunha curtametraxe documental sobre un espazo ou un
oficio.
Nesta edición presentámonos co noso traballo “Cineando
ilusións”,que foi seleccionado xunto con outros tres de toda
Galicia.
Decidimos por consenso que o noso documental trataría
sobre a fábrica de Massó, xa que foi moi importante para o pobo e
forma parte da Historia de Cangas.
O primeiro paso que demos foi a documentación.
Xuntámonos por grupos e buscamos en libros e na web toda a
información posible sobre a fábrica.
Para saber máis, conversamos con familiares e coñecidos
que estiveran vinculados a Massó. Tanto profesoras como alumnos/as
estamos sendo asesorados polo C.G.A.I. (Centro Galego de Artes da
Imaxe), en concreto por un cineasta profesional que nos está axudando
na elaboración do guión, no manexo do equipo de rodaxe, na
filmación e na montaxe do documental.
Agora temos que iniciar a rodaxe e necesitamos da súa
autorización para grabar nos terreos de Massó. Posteriormente, gustaríanos proxectar o documental no auditorio municipal, coa súa
colaboración.
Moitas grazas polo seu tempo e atención.
22 feb 2014
Charla Universo
O día 20 de febreiro fomos escoitar ó Auditorio de Cangas unha charla sobre o Universo, esta estaba impartida por Emilio José García, que traballa no instituto de Astrofísica de Andalucía. Aquí tedes algunhas das curiosidades das que nos falou :
Distancia Terra-Sol
Da Terra ó Sol hai 150.000.000 de quilómetros. Se fósemos nun avión tardariamos 19 anos en chegar ó Sol.
Vía Láctea
Hai varios tipos de galaxias: elípticas, espirais e irregulares. A Vía Láctea (a nosa galaxia) ten forma de espiral.
O Sol
A superficie do sol está a 6.000 graos de temperatura. No núcleo alcanza 15.000.000 de graos debido a reaccións nucleares.
Venus
A temperatura media de Venus é de 450 graos. O 90% da atmosfera é dióxido de carbono, chovendo ácedo sulfúrico. Ten unha rotación superlenta (243 días) e retrógrada. O día pasa súper lento. As nubes móvense a 300 Km/h, tardando tres días en dar a volta ó planeta.
Atmósfera
A atmósfera protexenos de 3 cousas:
- Do Sol, da luz ultravioleta
- Os meteoritos
- Os raios cósmicos
O que non sabemos do Universo
1 Pregunta: ¿Existe vida extraterrestre?
3 Pregunta: ¿ Se unha estrela quedase sen luz que pasa?
4 Pregunta: ¿O interior dunha estrela está a 50.000.000º?
28 ene 2014
Yo soy Sam
Na clase estivemos vendo unha película chamada "Yo soy Sam". Trata dun home "discapacitado" que tivo unha filla á que chamou Lucy. Posto que o pai tiña a mentalidade dun neno de sete anos, axiña terían que levala a un centro de acollida para buscarlle unha nova familia.
Sam loitou por Lucy. A pesar de pasalo moi mal no xulgado, non se rendiu. A familia de acollida, vendo que Lucy era moi feliz con Sam, decidiu propoñerlle unha custodia compartida.
Para min esta película foi un pouco triste, de feito chorou case toda a clase. Sam foi un home moi valente xa que non se rendiu tan facilmente.

27 nov 2013
O cometa Ison
Ison é un cometa descuberto por uns astronomos rusos o ano pasado. Ao principio aseguraban que
ia ser o cometa do século por o seu brilo e por ser o primeiro do seculo, mais uns científicos e astronomos demostraron que iso non era certo.
Entre este mes e o seguinte deixararase ver a simple vista porque vai a achegarse ao
sol, despois de dar unha volta completa ao sistema solar.
Para conseguir velo a simple vista hai qué:
Mirar cara o ceo entre as seis e as sete e quarto da mañá, nun sitio onde non haia contami-
nación luminica (pouca luz artificial) cara o leste ou surleste máis ou menos. Distinguese
por que emite unha luz moi intensa de cor amarela e laranxa.
Eu vinno dende a miña casa o luns 25 e tamén ao dia seguinte, martes 26.
Foi moi interesante poder miralo, e paga a pena erguerse cedo, ainda que despois
aia que ir ao colexio.Iso sí, ai que ir moi abrigado!

Néstor

10 nov 2013
A visita do astrónomo Severino
O día 9-10-13 veu á nosa clase un astrónomo chamado Severino a darnos unha charla de astronomía. Explicounos moitas cousas relacionadas coa bóveda celeste, como por exemplo a maneira de situar os catro puntos cardinais (norte, sur, leste e oeste), de día guiándonos polo Sol e de noite pola estrela polar.
A continuación ensinounos unha maqueta circular que representaba a atmosfera, e con iso explicounos os percorridos que fai o Sol (equinoccios, solsticio de inverno e solsticio de verán). Tamén nos amosou cómo saen e se meten as estrelas, e observamos que no ecuador hai unha estrela que non se chega a meter tralo horizonte. Todo isto respondeunos a algunhas preguntas que tiñamos preparadas.
Sistema Terra-Lúa
Despois Severino explicounos cousas sobre o sistema Terra-Lúa. Construiunos un modelo a escala co que se poden observar os eclipses de Lúa. Para facelo a escala tivo que facer unha serie de cálculos para saber qué diámetro darlles á Terra e á Lúa e para saber a distancia á que tiñan que estar unha da outra.
Falounos de distintas ideas sobre o universo, cunha morea de datos curiosos:
Orientándonos
Maqueta bóveda celeste
Sistema Terra-Lúa
Despois Severino explicounos cousas sobre o sistema Terra-Lúa. Construiunos un modelo a escala co que se poden observar os eclipses de Lúa. Para facelo a escala tivo que facer unha serie de cálculos para saber qué diámetro darlles á Terra e á Lúa e para saber a distancia á que tiñan que estar unha da outra.
- Se no ceo nocturno vemos unha luz intensa, probablemente sexa un satélite artificial, que logo irá baixando de intensidade por entrar na sombra da Terra.
- Algo que ilumina moito tamén pode ser a Estación Espacial Internacional.
- Ó que lle chamamos "estrelas fugaces" non son estrelas, senón micrometeoritos.
- O Sol e a Lúa a simple vista vénse do mesmo tamaño a pesar de que o Sol é moitísimo máis grande, porque a Lúa está moito máis preto da Terra.
- A galaxia de Andrómeda é a máis cercana á Terra e está a unha distancia de 3.000.000 de anos luz.
- Existen centos de planetas fóra do Sistema Solar xirando ó redor doutras estrelas.
- Se no espazo non hai osíxeno, cómo prende o Sol?
Prende por reaccións que hai dentro das estrelas. - Se o eixo da Terra non estivese inclinado, qué pasaría coas estacións?
Non existirían as estacións. - Por qué a Lúa ten que ver coas mareas?
A Lúa tamén atrae á Terra pero o que máis fácil lle resulta é atraer o líquido. - Por qué parpadean as estrelas?
Polos movementos de aire a distintas temperaturas na atmosfera terrestre, que fan que se retorzan os raios de luz. Vistas dende o espazo, as estrelas non parpadean. Os planetas non os vemos parpadear dende aquí abaixo porque están moito máis preto e vénse algo máis grandes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.jpg)