Mostrando entradas con la etiqueta Atención Educativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Atención Educativa. Mostrar todas las entradas

21 feb 2013

A 2ª guerra mundial, a razón da senrazón

Hoxe, 21 de febreiro de 2013, Martín López Nores, familiar de Andrea, veu falarnos á clase de 5º dun tema moi, moi interesante: "A 2ª guerra mundial"

Todo comezou cando en Atención Educativa visionamos a película "El gran dictador" de Charles Chaplin, nela faise referencia ás dúas grandes guerras, 1ª e 2ª. Era imprescindible preguntarse: que razóns tan poderosas poderían levar ó mundo a embarcarse en dúas guerras globais, co coste humano, económico e medioambiental que  isto suporía para todo o planeta?


Buscamos información, puxémola en común. Foi entón cando Martín, sabedor da nosa curiosidade, prestouse para darnos unha charla onde contabamos con que nos aclarase algunhas dúbidas que se nos presentaban. 

Este luns o cine-fórum versou sobre a longametraxe "La vida es bella", queriamos contextualizar algo máis a temática. Reflexionamos sobre as razóns e as senrazóns: a razón do título, as razóns que levaron a Hitler á limpeza étnica (A razón da senrazón...*, como dicía Don Quixote), as razóns que levaron ó pai ó sacrificio que fixo polo seu fillo...


E, por fin, hoxe, Martín deleitounos cunha magnífica exposición, cercana, clarificadora, atractiva visualmente e bordada cunha rede de ideas perfectamente tecidas. En fin, un agasallo para todos nós!!
Invitámosvos a gozar dela neste enlace (facede clik na imaxe)




Grazas, Martín pola túa xenerosidade, por querer compartir con nós o moito que sabes. Como ti ben dis: 
"Sólo el conocimiento hará que podáis construir un mundo mejor"



*"La razón de la sinrazón que a mi razón se hace, de tal manera mi razón enflaquece, que con razón me quejo de la vuestra fermosura" (El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha, Capítulo I)

13 dic 2012

película tempos modernos


Tempos Modernos (Modern Times) é unha película en blanco e negro de Charles Chaplin que trata da industria.

A película é moi divertida e Chaplin non deixa de meterse en lios,pero hai algunhas cousas que pasan tamen na actualidade,por exemplo que hai moita xente pobre, como a amiga de Chaplin, que por comer algo chegou a roubar unha barra de pan. 

Tamen hai moitas folgas porque os traballadores traballaban moitas horas,en malas condicions e gañaban unha miseria; ademais, nos traballos en cadea, o xefe sempre lle daba mais rapido para aumentar a productividade, e incluso querian eliminar a hora do almorzo cunha maquina que che da de comer automaticamente.

Unha vez, Chaplin foi a o hospital e, cando saiu, a sua fa brica cerrara. Atopouse en medio dunha manifestacion, e así toda a pelicula, de manifestación en manifestacion.

Cando Chaplin encontra traballo nun centro comercial, entran uns homes pola noite,pero resultaron non ser ladrons, senon xente pobre que tiña fame debido a escasez de traballo. Mais tarde,despois da hora do almorzo do seu primeiro dia de traballo, volven a poñerse en folga.


A pelicula ensínanos que temos dereito a traballar, pero en condicións dignas, e que sempre debemos intentar superar as dificultades.       

19 nov 2012

¡¡¡Quero bailar!!!

En clase vimos a película de Billy Elliot. Conta a historia dun neno que en vez de boxear, quere bailar. 
A película narra un conto ambientado nun ámbito moi real, un poboado mineiro no que había folgas cando gobernaba Margare Thatcher. Había moita xente en paro (que non tiña traballo), manifestacións e folgas.
A familia de Billy Elliot pasábao moi mal. Non tiñan diñeiro, quedaran sen nai, estaban en paro, case non tiñan que comer, tiveran que romper e utilizar o piano da súa nai morta para quentarse,... Por iso a súa familia sempre estaba dicindo palabras groseiras, pegándose, e chorando. 

A Billy Elliot gustáballe bailar, pero nesa época estaba mal visto que os nenos bailaran. A película amosa que antigamente o que podías facer dependía de se eras home ou muller, había cousas que só podían facer os homes, e cousas que só podían facer as mulleres. A mestra axúdao, con dureza e cariño, non soamente a aprender a bailar, senón tamén a tomar decisións de importancia.
Billy Elliot é unha película que nos ensina que debemos ser como queremos ser, ter autoestima, afrontar as dificultades e superalas.

Trailer de fotos:  



Laura



16 oct 2012

Película "Criadas e Señoras"

Ola a todos. Fai pouco  en atención educativa, vimos a película "Criadas e Señoras" que se trata do que pasaba no sur dos EEUU no século XX coas criadas negras. O titulo orixinal da película en inglés é "The Help" porque na película as criadas piden axuda.

Despois de ver a peli fixemos unha posta en común sobre que actitudes nos chamaron a atención sobre como trataban os brancos ós negros:
  • Os brancos non querían que os negros utilizasen os mesmos baños.
  • Cando dispararon a un negro, botaron ós negros do autobús e os brancos quedaron nel, achegando a estes á súa casa. Os brancos e os negros non estaban sentados no mesmo sitio no autobús. 
  • Había unha muller branca, unha das protagonistas, que quería ser escritora e escribiu un libro sobre os negros para a súa defensa. 
  • Había o KKK (Kukusklan) que mataba ós negros de forma organizada.
  • Pasaban os criados negros en herdanza, coma se fosen obxectos.
  • As mulleres brancas non coidaban case nada aos seus fillos/as (e pegábanlles) , só as criadas se ocupaban deles.
  • Había un hospital só para negros.
  • Tampouco podían compartir igrexa.
Despois a profe leunos un texto sobre as prohibicións que tiñan os negros nesa época que o lela calquera quedaría coa boca aberta.

Os negros tiñan prohibido:
  • Sentarse a comer cos brancos.
  • Probarse prendas ou zapatos nuns almacéns.
  • Vivir en barrios brancos.
  • Beber auga das fontes públicas.
  • Nadar en piscinas públicas.
  • Entrar nos concellos pola porta principal.
  • Ir a un perruqueiro branco.
  • Ir a un dentista branco.
  • Recibir unha transfusión de sangue dun doante branco.
  • Viaxar xunto aos brancos nos autobuses, nos trens e incluso nos ascensores.
  • Lavar a roupa nas mesmas máquinas que os brancos.
  • Casar cos brancos.
  • Ir a escola cos brancos.
  • Atuar aos brancos.
  • Usar a mesma sala de espera que os brancos na consulta dos médicos.
  • Prestar xuramento para testemuñar ante un tribunal, agás que o fixeran sobre unha biblia para negros.
  • Ser internados nas mesmas prisións ou reformatorios que os brancos.
  • Entrar nos corpos policiais.
  • Votar ou ser candidatos a cargos políticos.
  • Ser enterrados xunto aos brancos nos cemiterios.
¡Meu Deus!, prohibíase aos negros gran cantidade de cousas. 
Este é un trailer da película: 


Gustoume moito a película porque aprendín moito e sei que foi inxusto que os brancos trataran así aos negros.