Mostrando entradas con la etiqueta Lingua Galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lingua Galega. Mostrar todas las entradas

5 nov 2012

O tesouro

Onte soñei que era unha capitana pirata dun gran barco e que os compañeiros da miña clase eran a miña tripulación, ata a mascota do barco era o meu can Vipo.


Surcábamos os mares en busca da illa do tesouro. Pasamos moitos perigos, sereas que nos querían afogar, baleas xigantes, tiburóns asasinos, ata os policías do mar. Pero eu son moi valente e conseguimos pasar todos os perigos.

Un día o meu can Vipo ladrou que encontrara unha illa, así que fomos. Uns indios atacáronnos e Cristina, Inés, Tania, Anira e Laura déronlles unhas zurras e o resto buscaron o tesouro. Vipo encontrou o tesouro e desenterrouno e todos contentos fixemos unha festa.

Luana


30 oct 2012

Informámonos sobre o Samaín




  • A palabra “Samaín” procede de “Samhaín”, termo gaélico que significaba final do verán.
    Era unha festa pagana, non relixiosa, dos celtas. Xurdiu por primeira vez en Irlanda.

  • O calendario celta dividíase en dúas metades. A metade escura comezaba no mes de Samonios (outubro e novembro) e a metade clara no mes de Giamonios (abril e maio). Do 31 de outubro ó 1 de novembro celebraban o fin de ano, coincidindo co final da colleita. Era ó final do verán e o comezo do novo ano que coincidía co inverno. Os celtas acumulaban nestas datas os alimentos para o inverno e tamén sacrificaban animais.

  • Os pobos celtas que poboaron Europa (Galicia, Irlanda, parte de Gran Bretaña) levaban celebrándoo 3000 anos. Dende o ano 100 d.C. celébrase o 31 de outubro.

  • O 31 de outubro os druídas (sacerdotes, médicos, xuíces e profesores) recollían as bagas do acivro cunha fouce de ouro. A fouce era de ouro porque os celtas considerábano un metal puro. Poñían as bagas nun caldeiro ou manto branco que o sostiñan outros dous druídas. Estas bagas tiñan poderes curativos para o poboado e para as súas pocións máxicas. Os druídas tamén ían esa noite polas casas pedindo alimentos para facer ofrendas e levaban con eles un nabo oco polo medio e con carbóns acendidos dentro.

  • Nesta noite, o 31 de outubro, as almas dos mortos atravesaban a porta que separaba o mundo dos vivos e dos mortos, para que a xente puidera reunirse cos seus antepasados falecidos. Poñían as caveiras dos inimigos nas portas das casas cunha candea dentro para espantar aos malos espíritos. Tamén amontoaban as caveiras dos seus mortos e dos seus inimigos e pintábanas.

  • Ninguén podía saír do pobo esa noite pois os espíritos dos mortos viñan visitar ás súas familias e comer os alimentos que lles tiñan preparados con cariño os parentes. Mesmo lles deixaban un servizo na mesa e unha cadeira libre. Viñan quentarse á calor do lume da lareira (que quedaba aceso toda noite) e non varrían o chan para non afastar ás ánimas.

  • Por todo o pobo había fogueiras. Non se acendían para espantar aos malos espíritos, senón para guiar aos mortos na escuridade da noite, para que atopasen aos seus parentes e ás súas casas. Deixaban mazás nas beirarrúas e nos camiños para os espíritos perdidos ou que non tiñan descendentes.

16 oct 2012

A illa McGregor

Hoxe limos na clase unha narración escrita por Antón que tivo como motivación inicial este poema de Ana María Fernández:


DEIXÁDEME LIBRE


DEIXÁDEME LIBRE,
QUE QUERO IR Ó MAR;
CAMIÑO DE IDA,
NON VOU REGRESAR.
AS ONDAS ME LEVEN
ONDE HAXA UN CANTAR.
DO BARCO DOS SOÑOS,
SEREI CAPITÁN.
ARROACES MOUROS
VIRANME ESCOLTAR.
SEGUIREI DA ESCUMA
O LOUCO BAILAR.
DOS PORTOS QUE TOQUE,
NINGÚN SABERÁ.
DEIXÁDEME LIBRE,
QUE QUERO IR Ó MAR.

Ana María Fernández 



A proposta consistía en crear, a partires deste poema, unha narración na que o alumno/a fose o protagonista da historia, o capitán ou capitana.

Este é o marabilloso texto que escribiu Antón e que reproducimos literalmente:


A illa McGregor

(1ª parte)
Corría o ano 1773, eu o capitán Charles McGregor navegaba coa miña tripulación, un puñado de xóvenes mariñeiros con poucas experiencias mariñas, polo Océano Pacífico. A nosa misión era descubrir novas illas que foran reinadas polo nome de Inglaterra. 

Era o frío inverno naquelas augas, de súpeto o vixía Estif Nellman gritou: 
-Terra á vista! Todos corremos cara á proa, e alí se podía ver unha illa non moi grande que tiña unha praia onde por cerca da area nadaban un par de golfiños. A illa tamén tiña un monte non moi alto onde se divisaba un volcán. 

O timonel Carter Owen achegouse ata a praia para atracar o barco naquela area que tiña moitas cunchas e tamén moitas pedras mouras. Eu máis a metade da miña tripulación saímos para investigar aquela intrigante illa. Metímonos por un bosque que tiña unha grande variedade de árbores e animais, de súpeto vimos unha cova onde puidemos ver unha grande variedade de minerais que tiñan unha rechamante cor brilante. Detivémonos un momento cando eu dixen: 
- Cando esta illa se colonice por habitantes ingleses, esta cova será a mina da Estrela Prateada facendo así honor ao nome do noso querido barco. Seguimos camiñando e camiñando ata chegar...


Se queres seguir lendo esta apaixoante aventura, cliquea na imaxe: