20 may 2014

Tertulia literaria do libro "Caperucita en Manhattan"


O xoves 15 de maio, dende ás 10:15 ata as 12:30 da mañá, tivemos unha tertulia literaria todos os alumnos/as de 6º e as nais que se apuntaron. Comentamos o libro  "Caperucita en Manhattan" de Carmen Martín Gaite. 


Antes de nada, falamos das tertulias literarias que había en cafés de distintos lugares de España, como no café Gijón de Madrid, onde se reunían artistas para falar de literatura, saboreando unha cunca de café quente.





Tertulia literaria da película "La colmena"


Portada do libro

"Caperucita en Manhattan" trata dunha nena de 10 anos chamada Sara Allen que vive cos seus pais en Brooklyn. Ten unha nai meticulosa que, aínda que no fondo a quere, non lle gusta que a súa filla sexa unha nena "rara e imaxinativa", cunha chea de preguntas que non quere responderlle. Por outro lado, tamén ten unha avoa, a ex-estrela coñecida como "Gloria Star", que Sara aprecia moito, xa que sae moito a ela.

Un día, tras a morte do seu tío Josef, os seus pais van a Chicago ó funeral, e ela aproveita e escapa á casa da súa avoa, pero pérdese no metro. Alí encóntrase con Miss Lunatic, que lle cambiará a vida para sempre, xa que a axudará a conseguir a auténtica liberdade.

E como non pode faltar, hai un infame lobo, pero este é máis ben un lobo solitario; trátase do millonario Edgar Woolf que, aínda que ten un gran negocio, encóntrase só. Sara atópao en Central Park e axúdao a ter por fin algo de compañía.
Sara Allen

O libro está escrito por Carmen Martín Gaite, unha escritora española. Naceu en Salamanca o 8 de decembro de 1925 e morreu en Madrid o 23 de xullo de 2000. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca.
En 1950 trasladouse a Madrid pasando largas tempadas en El Boalo, ó que fai referencia en numerosas publicacións. Esta autora é unha das figuras máis relevantes das letras españolas da segunda metade do século XX. Recibiu, entre outros, o premio Nadal e o premio Príncipe de Asturias das Letras.
É autora de libros como "Entre visillos", "El cuarto de atrás" ou "Nubosidad Variable"


Carmen Martín Gaite


Na clase propuxéronnos buscar un plano de New York e situar alí os lugares importantes do libro. Eu fixen este plano situando os lugares que se destacan no libro:



Todos/as na tertulia

Estivemos comentando o argumento do libro, os personaxes e, sobre todo, dúas cousas: os símbolos e as mensaxes. Ó principio comentamos que nos pareceu o libro e logo pasamos xa ó tema das mensaxes. Falamos de que a principal mensaxe que transmitía era a liberdade, pero tamén houbo máis mensaxes que  transmitían os personaxes, por exemplo, que non hai que ter todo o diñeiro no mundo para ser feliz (mensaxe que transmitía  Mister Wolf no capítulo 7). 


Comentando o libro

Buscando frases no libro

Outra cousa que nos chamou a atención son os libros que lle gustan a Sara, que lle regalara o antigo marido da avoa, Aurelio. Eses libros son "Alicia no país das marabillas", "Carapuchiña Vermella" e "Robinson Crusoe". O argumento de "Caperucita en Manhattan" ten moito parecido co destes libros, sobre todo con "Carapuchiña Vermella"; por exemplo, a torta que Carapuchiña lle leva a súa avoa é a torta de  amorodo que lle leva Sara a Rebeca; o infame lobo que se encontra en medio do bosque é Edgar Wolf en Central Park... Tamén hai momentos da historia que nos recordan a outros  libros; por exemplo o final, cando Sara se bota polo sumidoiro, recorda a Alicia botándose no burato. 

Tertulia fronte ós debuxos de Carapuchiña vermella
Para finalizar a tertulia, como se estivésemos nun café literario, comemos uns biscoitos exquisitos, xunto cun chocolate quente e dúas tortas de amorodo, símbolo do libro. Estaba todo delicioso. 

Comendo os biscoitos e bebendo chocolate quente


Ían Vilariño Vicente

Obradoiro sumando capacidades

Obradoiro sumando capacidades

O luns 1 de Maio visitounos unha membro da ONG Educación sen Fronteiras que se chama sumando capacidades. 
Empezou ensinándonos un mapa que é o que estamos acostumados a ver que é onde estamos no centro, mostrounos támen outros tipos de mapas como o que usan en Xapón que para nos paréceunos raro porque en este caso Xapón esta no medio.

Logo propúxonos un xogo con periódicos, grapas, gomas e celo.
Había 3 normas:
  • Estar en silencio
  • Facer unha torre o máis alta posible 
  • Facela nun tempo determinado
Cando acabamos dímonos conta de que había que facer unha soa torre pero nos fixemos tres, e non saíu exactamente o que el quería , pero pasámolo ben.

Para acabar púxonos un vídeo de India que iba do traballo en equipo, e de que cunha cousa pequena pódese cambiar o mundo.





23 mar 2014

Visita ao observatorio

O venres día 7 de marzo fomos visitar a  Asociación Astronómica Sirio de Cotobade (Pontevedra).

Saímos de Cangas ás cinco da tarde e chegamos ao observatorio antes do previsto, así que tivemos un intre para xogar e explorar a zona. Media hora máis tarde, chegou Severino, un dos astrónomos, e sacounos unha foto a todos xuntos.


Mentres non escurecía estivemos falando, e chegaron o outro astrónomo e o profe Xose. Cando xa se fixo de noite, dividímonos en dous grupos: o primeiro foi á parte de arriba con Severino a ver polo grande telescopio, e o outro quedou abaixo, vendo as constelacións coa axuda do outro astrónomo.


Polo telescopio puidemos ver a Lúa, o planeta Xúpiter e catro das súas lúas (Ganímedes , Calixto, Ío e Europa), a nebulosa de Orión e por último un cúmulo aberto de estrelas. A simple vista estivemos sinalando cun punteiro láser as constelacións e as estrelas, entre elas as Pléiades, Canis Maior, que como ollo ten a estrela Sirio,a máis brilante do ceo e que dá nome ao observatorio.


Ao final, entre todos, démoslles aos  astrónomos os agasallos que lle tiñamos preparados, e eles, déronnos a cada un de nós un adhesivo do observatorio.


Foi unha experiencia única e divertida, e ademais aprendemos moitísimas cousas moi interesantes.













20 mar 2014

Luces, cámara, Massó!!

Este martes día 18 de marzo comezamos a rodaxe. Dividímonos por grupos para filmar mañá e tarde durante 3 días.

O primeiro día gravamos polo exterior da fábrica e tamén na baleeira. O segundo día entramos na nave principal e a experiencia foi impactante porque é inmensamente grande!!!! Aínda que hai moito "lixo" que debería ser retirado, atopamos reliquias da fábrica, dignas dun museo: osos de baleas, caixas rexistradoras, latas de conserva, maquinaria, reloxos, ánforas onde se gardaba o aceite, básculas, unha grande áncora...

Tamén gozamos aprendendo a manexar o equipo de rodaxe, pasando todos os nenos polos distintos postos: director/a, cámara, sonidista, cablista, script e fotógrafo/a. Tivemos a oportunidade de decidir os planos libremente, en función dos nosos intereses, sendo aconsellados polo cineasta. 

Gravamos a persoas vinculadas con Massó falándonos da fábrica. Hoxe imos ter o privilexio de conversar coa asistenta social,  Ana María Soto Landeira, de 92 anos, para contarnos a súa experiencia. 

Somos moi afortunados/as de poder participar neste proxecto de cine que é unha experiencia inesquecible. 




Aquí vos deixamos o enlace á nova onde se fala do inicio da rodaxe. 

17 mar 2014

Expoñemos ó alcalde o proxecto "Cine en curso"



O venres 14 de marzo fomos ó concello para explicarlle ó alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, o noso proxecto de rodar un documental sobre a fábrica de Massó. Tamén para pedirlle uns permisos. Isto é o que lle dixemos:


Somos os nenos/as de 6º do C.E.I.P. A Rúa e queriamos explicarlle o Proxecto “Cine en curso” no que estamos a participar.

A finalidade do mesmo é achegar ós alumnos/as de Galicia, Cataluña, Madrid e Arxentina ó mundo do cine, mediante a realización dunha curtametraxe documental sobre un espazo ou un oficio.

Nesta edición presentámonos co noso traballo “Cineando ilusións”,que foi seleccionado xunto con outros tres de toda Galicia.

Decidimos por consenso que o noso documental trataría sobre a fábrica de Massó, xa que foi moi importante para o pobo e forma parte da Historia de Cangas.

O primeiro paso que demos foi a documentación. Xuntámonos por grupos e buscamos en libros e na web toda a información posible sobre a fábrica.

Para saber máis, conversamos con familiares e coñecidos que estiveran vinculados a Massó. Tanto profesoras como alumnos/as estamos sendo asesorados polo C.G.A.I. (Centro Galego de Artes da Imaxe), en concreto por un cineasta profesional que nos está axudando na elaboración do guión, no manexo do equipo de rodaxe, na filmación e na montaxe do documental.

Agora temos que iniciar a rodaxe e necesitamos da súa autorización para grabar nos terreos de Massó. Posteriormente, gustaríanos proxectar o documental no auditorio municipal, coa súa colaboración.

Moitas grazas polo seu tempo e atención.





22 feb 2014

Charla Universo

                                                     

O día 20 de febreiro fomos escoitar ó Auditorio de Cangas  unha charla sobre o Universo, esta estaba impartida por Emilio José García, que traballa no instituto de Astrofísica de Andalucía. Aquí tedes algunhas das curiosidades das que nos falou :  

                                                         Distancia Terra-Sol


Da Terra ó Sol hai 150.000.000 de quilómetros. Se fósemos nun avión tardariamos 19 anos en chegar ó Sol.



                                                                 Vía Láctea


Hai varios tipos de galaxias: elípticas, espirais e irregulares. A Vía Láctea (a nosa galaxia) ten forma de espiral. 


                  
                                                                     O Sol

A superficie do sol está a 6.000 graos de temperatura. No núcleo alcanza 15.000.000 de graos debido a reaccións nucleares.

                                                                   Venus

A temperatura media de Venus é de 450 graos. O 90% da atmosfera é dióxido de carbono, chovendo ácedo sulfúrico. Ten unha rotación superlenta (243 días) e retrógrada. O día pasa súper lento. As nubes móvense a 300 Km/h, tardando tres días en dar a volta ó planeta. 




                                                            Atmósfera

A atmósfera protexenos de 3 cousas: 
  • Do Sol, da luz ultravioleta
  • Os meteoritos
  • Os raios cósmicos

O que non sabemos do Universo

1 Pregunta: ¿Existe vida extraterrestre? 

2 Pregunta: ¿Que é a materia oscura? 

3 Pregunta: ¿ Se unha estrela quedase sen luz que pasa?

4 Pregunta:   ¿O interior dunha estrela está a 50.000.000º?




28 ene 2014

Yo soy Sam

  Na clase estivemos vendo unha película chamada "Yo soy Sam". Trata dun home "discapacitado" que tivo unha filla á que chamou Lucy. Posto que o pai tiña a mentalidade dun neno de sete anos, axiña terían que levala a un centro de acollida para buscarlle unha nova familia. 

Sam loitou por Lucy. A pesar de pasalo moi mal no xulgado, non se rendiu. A familia de acollida, vendo que Lucy era moi feliz con Sam, decidiu propoñerlle unha custodia compartida.

Para min esta película foi un pouco triste, de feito chorou case toda a clase. Sam foi un home moi valente xa que non se rendiu tan facilmente.