21 abr 2013

Entre a vida e a morte

Dende fai tempo na clase falamos da narración e de como mellorala, para iso fixemos unha especie de recomendacións que nos facilitan á hora de redactar un escrito, entre as cales falamos de como documentarnos.

 A mestra fai pouco mandounos escribir un texto sobre " Caperucita en Manhattan ". Andrea fixo uso da súa  marabillosa mente (non é a única, claro) para documentarse sobre en que ano estaba en construción un rañaceo, xa que a súa narración contaba con un. Tamén se documentou sobre cousas ás que nos quedariamos mirando todo o día, mais non falo de monumentos, senón que falo de actividades perigosas, persoas sentadas a unha altura de 260 metros e oscilando entre a vida e a morte.




O reporteiro Charles C. Ebbets fixo uso da prensa para denunciar as precarias condicións de seguridade nas que traballaban estes homes nos anos 30. Basta con buscar en internet para toparse cunhas fotos incribles, aquí vos traio unha pequena mostra. 

                                                 

14 abr 2013

A chegada de Diego

O 27 de marzo do 2013 naceu o meu irmán Diego. Agora vouvos contar un pouco cómo pasou todo. Souben que a miña nai (Susi) estaba embarazada o 9 de agosto de 2012, dous días despois de que se enteraran ela e máis Martín. Cando me deron a noticia emocioneime e púxenme moi contenta, porque sempre desexara ter un irmán ou unha irmá. A miña nai sempre me dicía que non ía poder ser por varios motivos, pero ó final sucedeu.


Co paso dos meses, á miña nai comezou a medrarlle a barriga e pronto vimos as imaxes das ecografías, dende a primeira de setembro ata unha en 3D de xaneiro na que xa lle puidemos ver con detalle a cara e a piroliña.





En febreiro chegaron as contracións, que obrigaron á miña nai a parar de traballar. E aínda que en principio non tocaba ata abril, na terceira semana de marzo houbo que ingresar no hospital. Alí, apurando o tempo antes do parto, entre a miña tía Patri e eu pintámoslle unha cara na barriga, como xa se fixera anos antes coas barrigas que nos levaban a min e ó meu primo Mario.


Finalmente programaron unha cesárea para o mércores 27, antes dos festivos da semana santa. Diego naceu sen complicacións ás 10.20 da mañá, e todos fomos a miralo con alegría. Para min foi un acontecemento xenial, que case non podía crer.


Á volta das vacacións, conteilles a boa nova ós meus compañeiros da clase de 5º, e a profe Ana tivo unha grande idea: que cada un lle fixera a Diego un debuxo dándolle a benvida, xunto coas felicitacións para min, para a miña nai e para Martín. Foi un regalo emocionante para todos nós, un detalle xenial polo que vos estamos moi agradecidos.


E aquí estamos, desfrutando de cada día entre choros, sonecas e cambios de pañal.





15 mar 2013

Hora de ler: Historia dunha gaivota e o gato que lle ensinou a voar

Como hoxe quedastes moi intrigados/as polo final do libro "Historia de una gaviota y el gato que le enseñó a volar", de Luis Sepúlveda, aquí o tedes. Grazas a Xose pola súa axuda técnica!!! :-)




Pincha na imaxe para ver máis grande (páxinas 124 a 138).

8 mar 2013

8 de marzo, Día internacional da muller


Se fas clik nesta imaxe poderás acceder á páxina de El País onde poderás consultar como evolucionaron os dereitos das mulleres ó longo das décadas, dende 1910 ó 2010. ANÍMADEVOS A FACER ALGÚN COMENTARIO!!!



4 mar 2013

  A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL

A segunda gerra mundial foi unha das peores cousas que lle pasou a este planeta, sobre todo polas matanzas e a destrución do entorno. Pero tamén foi un gran avance tecnoloxico.
  • Comezou:  1 de setembro do 1939
  • Rematou:  2 de setembro do 1945
  • Cando Hitler subiu ao poder: 30 de xaneiro de 1933 xusto 6 anos antes.
  • Por que comezou? porque as potencias aliadas querian defender a Polonia anexión de alemania (potencias aliadas son: Rusia, Francia, Gran Bretaña, E.E.U.U ).
  • Cales son os países enfrentados: principalmente Alemania, Polonia, Rusia, Francia, Gran Bretaña, Italia, Xapón e E.E.U.U.  
  • Resultado: Victoria completa dos aliados con rendición incondicional de todas as potencia do eixe.
  • Consecuencias:
    • Surximento dos Estados Unidos de América e da Unión Soviética como superpotencias.
    • Creación das esferas de influencia do primeiro Mundo e do segundo Mundo en Europa que derivaron na Guerra Fría.
    • Inicio de un proceso de descolonización mundial.
    • Creación das Nacións Unidas. 
Unha das cousas que me inpresionarón foron que aos soldados e os xefes "bos" tiñan cada un unha lápida, en cambio os sodados "enimigos" tenían unha lápida por cada catro persoas, aún por encima os soldados inimigos tiñan as lápidas feitas de granito a pedra máis vulgar e os soldados "bos"tiñan unha lápida moi coidada e de marmole branco.

21 feb 2013

A 2ª guerra mundial, a razón da senrazón

Hoxe, 21 de febreiro de 2013, Martín López Nores, familiar de Andrea, veu falarnos á clase de 5º dun tema moi, moi interesante: "A 2ª guerra mundial"

Todo comezou cando en Atención Educativa visionamos a película "El gran dictador" de Charles Chaplin, nela faise referencia ás dúas grandes guerras, 1ª e 2ª. Era imprescindible preguntarse: que razóns tan poderosas poderían levar ó mundo a embarcarse en dúas guerras globais, co coste humano, económico e medioambiental que  isto suporía para todo o planeta?


Buscamos información, puxémola en común. Foi entón cando Martín, sabedor da nosa curiosidade, prestouse para darnos unha charla onde contabamos con que nos aclarase algunhas dúbidas que se nos presentaban. 

Este luns o cine-fórum versou sobre a longametraxe "La vida es bella", queriamos contextualizar algo máis a temática. Reflexionamos sobre as razóns e as senrazóns: a razón do título, as razóns que levaron a Hitler á limpeza étnica (A razón da senrazón...*, como dicía Don Quixote), as razóns que levaron ó pai ó sacrificio que fixo polo seu fillo...


E, por fin, hoxe, Martín deleitounos cunha magnífica exposición, cercana, clarificadora, atractiva visualmente e bordada cunha rede de ideas perfectamente tecidas. En fin, un agasallo para todos nós!!
Invitámosvos a gozar dela neste enlace (facede clik na imaxe)




Grazas, Martín pola túa xenerosidade, por querer compartir con nós o moito que sabes. Como ti ben dis: 
"Sólo el conocimiento hará que podáis construir un mundo mejor"



*"La razón de la sinrazón que a mi razón se hace, de tal manera mi razón enflaquece, que con razón me quejo de la vuestra fermosura" (El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha, Capítulo I)

8 feb 2013

UN GRAN CARNAVAL


El viernes día 8 de febrero al llegar al colegio antes de hacer el carnaval estuvimos corrigiendo deberes de matemáticas. A las 11:30 preparáramos toda la comida que llevamos de nuestra casa. Al acabar de comer fuimos al recreo y después  hicimos el carnaval a la una de la tarde, estuvimos poniéndonos los disfraces y las caretas.
 Al salir al recreo todos los cursos dimos una vuelta por  la Pedreira
 lanzando confeti por los aires. Al llegar al colegio fuimos a la pista de fútbol y todos los cursos    cantamos y bailamos canciones. La canción que más me gusto fue la nuestra que se llamaba moucho style.
Antes de irnos estuvimos viendo como se quemaba el muñeco con nuestros trajes de buhos.
fue el mejor carnaval del mundo.