Se fas clik nesta imaxe poderás acceder á páxina de El País onde poderás consultar como evolucionaron os dereitos das mulleres ó longo das décadas, dende 1910 ó 2010. ANÍMADEVOS A FACER ALGÚN COMENTARIO!!!
8 mar 2013
4 mar 2013
A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL
A segunda gerra mundial foi unha das peores cousas que lle pasou a este planeta, sobre todo polas matanzas e a destrución do entorno. Pero tamén foi un gran avance tecnoloxico.
- Comezou: 1 de setembro do 1939
- Rematou: 2 de setembro do 1945
- Cando Hitler subiu ao poder: 30 de xaneiro de 1933 xusto 6 anos antes.
- Por que comezou? porque as potencias aliadas querian defender a Polonia anexión de alemania (potencias aliadas son: Rusia, Francia, Gran Bretaña, E.E.U.U ).
- Cales son os países enfrentados: principalmente Alemania, Polonia, Rusia, Francia, Gran Bretaña, Italia, Xapón e E.E.U.U.
- Resultado: Victoria completa dos aliados con rendición incondicional de todas as potencia do eixe.
- Consecuencias:
- Surximento dos Estados Unidos de América e da Unión Soviética como superpotencias.
- Creación das esferas de influencia do primeiro Mundo e do segundo Mundo en Europa que derivaron na Guerra Fría.
- Inicio de un proceso de descolonización mundial.
- Creación das Nacións Unidas.
21 feb 2013
A 2ª guerra mundial, a razón da senrazón
Hoxe, 21 de febreiro de 2013, Martín López Nores, familiar de Andrea, veu falarnos á clase de 5º dun tema moi, moi interesante: "A 2ª guerra mundial"
Todo comezou cando en Atención Educativa visionamos a película "El gran dictador" de Charles Chaplin, nela faise referencia ás dúas grandes guerras, 1ª e 2ª. Era imprescindible preguntarse: que razóns tan poderosas poderían levar ó mundo a embarcarse en dúas guerras globais, co coste humano, económico e medioambiental que isto suporía para todo o planeta?
Buscamos información, puxémola en común. Foi entón cando Martín, sabedor da nosa curiosidade, prestouse para darnos unha charla onde contabamos con que nos aclarase algunhas dúbidas que se nos presentaban.
Este luns o cine-fórum versou sobre a longametraxe "La vida es bella", queriamos contextualizar algo máis a temática. Reflexionamos sobre as razóns e as senrazóns: a razón do título, as razóns que levaron a Hitler á limpeza étnica (A razón da senrazón...*, como dicía Don Quixote), as razóns que levaron ó pai ó sacrificio que fixo polo seu fillo...
E, por fin, hoxe, Martín deleitounos cunha magnífica exposición, cercana, clarificadora, atractiva visualmente e bordada cunha rede de ideas perfectamente tecidas. En fin, un agasallo para todos nós!!
Invitámosvos a gozar dela neste enlace (facede clik na imaxe)
Grazas, Martín pola túa xenerosidade, por querer compartir con nós o moito que sabes. Como ti ben dis:
"Sólo el conocimiento hará que podáis construir un mundo mejor"
*"La razón de la sinrazón que a mi razón se hace, de tal manera mi razón enflaquece, que con razón me quejo de la vuestra fermosura" (El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha, Capítulo I)
8 feb 2013
UN GRAN CARNAVAL
Al salir al recreo todos los cursos dimos una vuelta por la Pedreira
lanzando confeti por los aires. Al llegar al colegio fuimos a la pista de fútbol y todos los cursos cantamos y bailamos canciones. La canción que más me gusto fue la nuestra que se llamaba moucho style.
Antes de irnos estuvimos viendo como se quemaba el muñeco con nuestros trajes de buhos.
fue el mejor carnaval del mundo.
31 ene 2013
"Armarse de Paziencia"
"Eu boto granadas cando algunha vez contesto mal ás persoas que menos o merecen. Ás veces protesto por causas que, despois dun rato, xa non lles dou tanta importancia.
Debo armarme de Paziencia e converter as granadas en bulbos dos que saian flores" (Andrea)
30 de xaneiro, día da Paz
30 de xaneiro, día da Paz
29 ene 2013
excursión a Vigo martes 15-1-2013
EXCURSIÓN
O martes día 15 os nenos /as de quinto e sexto curso fomos de excursión a Vigo, a Naturnova, un centro onde che ensinan cousas sobre a natureza. Tivemos que facer 4 grupos, o primeiro foi nun submariño dende onde se vían as diferentes especies de animais que había na Ría de Vigo. O segundo grupo foi a unha sala onde che ensinaban cousas do universo: os movementos que fai a terra, os planetas... O terceiro e cuarto grupo foron ver cousas do noso planeta, o home e o seu medio. Déronnos unha ficha onde tiñamos que poñer o que aprendiamos de cada sala. Máis tarde fomos ver un concerto no que os seus participantes ensináronnos que non se toca música só con instrumentos, senón que tamén podemos expresar a música de mil maneiras: co noso corpo, cun lapis, cun anaco de cartón, cunha tixola, cunhas botellas...
OPINIÓNS
NATURNOVA: Gustoume moito porque coñecín moitas cousas sobre o noso planeta, en especial o submariño porque aprendín especies de animais da Ría de Vigo.
CONCERTO: Para min foi marabilloso, tocar así de ben é moi difícil. Tamén me gustou porque nalgunhas partes era divertido.
19 ene 2013
KAFKA E A BONECA VIAXEIRA
É un libro que trata dunha nena que perde a sua boneca (Brixida) e Kafka, un escritor moi famoso, a axuda. Kafka, para tranquilizar á pequena, dille que é un carteiro de bonecas e que recibe cartas de Brixida. A primeira carta ben de Londres e pidelle perdón a Elsi por marchar sen despedirse. A medida que pasa o tempo, Kafka segue escribíndolle cartas, facéndose pasar pola boneca. Un día a nai da nena foi ao parque, falou con Kafka e díxolle que fixo un gran traballo pero que non pode seguir escribindo a Elsi eternamente.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


